top of page

O CEIP Pío Cabanillas de Dozón estrea unha pista multideporte construída polo Concello e Educación

A pista, de 30x15 metros, está habilitada para a práctica de polo menos seis deportes:

fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis, voleibol e bádminton


Laura Moure/Dozón

O alumnado do CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón vén de estrear unha pista multideporte construída na contorna do colexio polo Concello e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade cun investimento conxunto de 85.000 euros.

O alcalde, Adolfo Campos Vázquez, que acudiu en días pasados a entregarlle material

deportivo á directora do centro, Cristina Lorenzo, e á profesora de Educación Física, Noelia Fernández, resaltou que o terreo de xogo ten unhas dimensións de 30x15 metros e conta cun peche perimetral de dous metros de altura e un sistema de iluminación que posibilita a súa utilización cando anoitece.

Ademais, incorpora un terreo de xogo con céspede de última xeración que o habilita para a práctica de polo menos seis deportes: fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis, voleibol e bádminton. Segundo explicou o rexedor, a pista será utilizada polo alumnado colexio en

horario lectivo e tamén poderá ser utilizada fóra do horario escolar, sempre e cando se curse unha solicitude previamente.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page