top of page

O CEIP Número 1 de Melide participa no novo programa teatral da Xunta contra o acoso escolar

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Baixo o título `Pasando a bóla, xogando para cambiar`, empregarase como unha ferramenta educativa e lúdica para sensibilizar e previr condutas de acoso


Laura Moure/Melide

A Xunta de Galicia dá un novo paso na loita contra o acoso e o ciberacoso escolar coa posta en marcha do programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, que será implementado en 50 centros educativos públicos durante este curso 2024/25. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e implicará a participación de arredor de 3.500 estudantes. Das comarcas figura o CEIP Número 1 de Melide.

O programa consiste nunha representación teatral de 45 minutos, desenvolvida polo grupo A Xanela do Maxín, na que se recrean situacións de acoso e ciberacoso escolar mediante o uso de máscaras, figuras animadas e xogos de rol.  Desta maneira, a actividade promove a reflexión activa e o pensamento crítico do alumnado, que colabora despois da representación propoñendo solucións aos conflitos escenificados. Este método busca reforzar valores como a igualdade, a non discriminación e a resolución pacífica dos conflitos, aspectos xa integrados nos currículos educativos e nas políticas de convivencia escolar. 

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os 50 centros educativos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver esta actividade ao longo do curso 2024/25, coa colaboración do profesorado e dos equipos de orientación. Cada sesión está deseñada para integrar de maneira dinámica ao alumnado, converténdoo en protagonista activo da reflexión e a busca de solucións ante situacións de acoso. 


Tolerancia cero fronte ao acoso

A iniciativa insírese no marco do Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, desenvolvido pola Xunta de Galicia como parte da Estratexia galega de convivencia escolar Educonvives 2025, que ten como obxectivo fortalecer a cultura do respecto, da tolerancia e da convivencia nos centros educativos.  


O programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, organizado por primeira vez desde a Consellería de Educación, representa un compromiso da Xunta de Galicia coa tolerancia cero fronte ao acoso escolar, empregando ferramentas innovadoras que combinan o enfoque lúdico coa educación en valores. 



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page