Ecos da Comarca/Palas de Rei
Rematan as obras de mellora e acondicionamento das instalacións da biblioteca do CEIP de Palas de Rei, nas que colaborou o Concello. Os alumnos/as do colexio xa dispoñen dunhas renovadas instalacións da biblioteca do centro, utilizada para diversas actividades docentes.
Ditas obras, supuxeron unha completa renovación interna que abarcou traballos de carpintería interior e instalación dun chan de tarima flotante, acondicionamento do local, tarefas de pintura de paredes e teito, restauración e substitución de mobiliario e diversos elementos como radiadores. O equipo directivo do centro fixo, en días pasados, unhas xornadas de portas abertas dirixidas a pais/nais de alumnos/as, coa finalidade de dar a coñecer estas renovadas instalacións, encadradas no Edificio Anexo do Centro.
Cómpre lembrar, ademais, que en virtude da incorporación do colexio ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares posibilitouse a renovación do arquivo bibliográfico.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_e9d9652ea8b7479098cd01536462b889~mv2.jpg/v1/fill/w_847,h_630,al_c,q_85,enc_auto/0216be_e9d9652ea8b7479098cd01536462b889~mv2.jpg)
Comments