Así o comunica a Asociación de Nais e Pais do centro e ademais resalta que apostará por produtores e negocios do municipio
Laura Moure/Santiso
A Asociación de Nais e Pais do CEIP de Arcediago comunica que para o curso que vén, 2022/2023, este centro educativo contará con servizo de comedor e actividades extraescolares, que garantirán a conciliación da vida familiar e laboral "de quen formamos parte desta pequena e marabillosa escola".

"Pero non será un comedor calquera! Queremos que as nosas nenas e nenos desfruten comendo e aprendan a compartir, colaborar e a consumir responsablemente. O comedor ubicarase en dependencias municipais e os menús serán realizados, diariamente, polo Mesón de Visantoña, con produtos locais", recalca.
Así mesmo, resalta que "apostamos polas produtoras e produtores do noso concello, apostamos polos negocios do noso concello e apostamos pola conciliación. Se queres formar parte do noso cole, chama ao centro ao número 981 517 827 e para saber máis do comedor, envía un correo electrónico á ANPA a anpaaxuntanza@yahoo.com ou un WhatsApp a 690 101 140".
Comments