Elaborou un fermoso mural con mensaxes de apoio ante a traxedia do volcán
Laura Moure/Santiso
O volcán está arrasando a Palma. Alí por onde pasa destrúe todo: vivendas e moitos soños que quedan sepultados. A verdade que os seus habitantes están sufrindo un verdadeiro pesadelo. Ante esta desgraza, son moitas as mostras de afecto e de axuda. E a isto tamén se suma a comunidade educativa do CEIP Arcediago do municipio de Santiso.
"O CEIP Arcediago mostra o seu apoio ao alumnado de todos o centros da Illa da Palma. Enviamos para todos e todas os nenos e nenas da Illa Bonita unha mensaxe de amor e solidariedade, ao tempo que nos poñemos ao seu dispor para o que fose preciso. Moitos bicos, apertas e ánimos para vós e para toda a comunidade educativa dos centros", indican.
Fixeron un mural fermosísimo con mensaxes de ánimo. Bravo por vós!
Comments