top of page

O castelo de Pambre volve estar aberto ao público

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Abre de novo tras levarse a cabo tarefas de limpeza e de mantemento


Laura Moure/Palas de Rei

Dende hoxe, o Castelo de Pambre volve estar aberto ás visitas ao público. Logo dun período de traballos de limpeza, mantemento e mellora en xeral das instalacións, o Castelo de Pambre pode visitarse de novo, en horario habitual, nos meses de inverno de 12:00 a 17:30 horas ininterrompidamente. Logo do 31 de marzo, o horario de apertura que rexe para visitas a esta fortaleza é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As visitas, faranse baixo o seguimento dun específico protocolo fronte á Covid-19.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page