top of page

O castelo de Pambre seguirá pechado ata finais de febreiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure

O castelo de Pambre é un dos atractivos turísticos da comarca da Ulloa máis visitado. Sen embargo, neste momento non se pode desfrutar, xa que continuará pechado ata finais de febreiro. "O monumento, que se atopa na fase final de diversas actuacións de mantemento e limpeza, non abrirá ás súas porta antes do día 20 de febreiro, ante a situación que se está vivindo derivada da Covid-19", indicou o Concello de Palas de Rei hai uns días.

O castelo de Pambre. Foto: Ecos da Comarca


O alcalde palense, Pablo Taboada, pide disculpas "polo restraso na apertura, pero a situación, neste caso, aconsella unha apertura coas máximas garantías", incide.


Este castelo é a mellor mostra de arquitectura medieval militar que existe en Galicia. A súa construción enmárcase no ano 1375 por orden do nobre Gonzalo Ozores de Ulloa e foi a única fortaleza de Galicia que resistiu ás revoltas irmandiñas no século XV.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page