O Castelo de Pambre loce nova exposición
Laura Moure/Palas de Rei
Esta semana inaugurouse en Pambre (Palas de Rei) unha nova exposión na sala do Castelo, esta vez, protagonizada por Antón Patiño. Ao acto, asistiron a comisaria do Xacobeo Cecilia e o primeiro tenente de alcalde do Concello palense, Amando Sande, ademais de varios membros do Instituto de Estudos Ulloáns que colaboran activamente co departamento de Cultura do Concello de Palas de Rei. A mostra, poderase visitar nos vindeiros días en horario de apertura do Castelo.








Comentarios