top of page

O Casino de Lalín está habilitado para a recollida de sinaturas para a Fundación Salma

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Aquelas persoas que non puidesen asistir ao acto celebrado o 4 de novembro teñen dispoñible este punto para asinar a ILP para unha Lei Galega de Saúde Mental


Laura Moure/Lalín

A Fundación para o coidado da Saúde Mental en Galicia (Salma) é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar as condición das persoas con problemas de saúde mental. Estas enfermidades veñen cobrando protagonismo nos últimos meses, xa que case unha cuarta parte da poboación está afectada, segundo a OMS. O pasado 4 de novembro, a fundación celebrou un acto no Casino de Lalín co fin de recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) no Parlamento de Galicia. Tras a boa acollida que tivo e a demanda de persoas que non puideron asistir a este encontro, os responsables do Casino de Lalín ofrecéronse para habilitar o seu local como punto de recollida de firmas.

Dende este martes, todas aquelas persoas que o desexen poden colaborar con esta proposta achegándose ao Casino e asinando a ILP. "Con todas esas firmas, presentaremos a proposta no Parlamento e conseguiremos que sexa debatida entre os distintos partidos. Desde a Fundación agradecemos o interese das persoas por contar cun punto de recollida de firmas para poder colaborar e, por suposto, a dispoñibilidade do Casino de Lalín".


O obxectivo de crear unha Lei galega de Saúde Mental, co consenso e a colaboración de numerosos colectivos e colexios profesionais da sociedade civil galega, é dar respaldo legal ás reformas para paliar a mala situación na que se atopa a saúde mental na Comunidade de Galicia. Ademais, trata de implantar un modelo integral de atención sociosanitaria á altura dos estándares estatais e europeos.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page