top of page

O campo de Outeiriño acollerá o Torneo de Fútbol Base Ramón Barcala, ca presenza de Joselu Mato

Será esta fin de semana en Silleda


Laura Moure/Silleda

O fútbol base será protagonista esta fin de semana en Silleda cunha nova edición do torneo en memoria de Ramón Barcala. O estadio municipal de Outeiriño - Joselu Mato acolle durante a xornada do sábado e o domingo o torneo de Benxamín e Alevín, respectivamente, no que participarán máis dunha ducia de clubs da zona.

No certame está prevista para a entrega de premios a presenza de Joselu Mato, o futbolista silledense que segue a levar o nome de Silleda polo mundo. O internacional silledense, do que Ramón Barcala foi o seu grande apoio nos seus inicios, volta ao campo que leva o seu nome e no que deu os primeiros pasos no deporte rei.


O torneo, organizado pola SD Silleda e a Escola de Fúbtol Silleda, club no que militou o recoñecido xogador, comezará nas dúas xornadas ás 9:20 horas, prolongándose ata as 19:00 os encontros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais do club anfitrión, participaran a SD Bandeira; ADM Peleteiro; Amio S.D.; Atlético de Cuntis; C.P. Calasancio.; Cire Melide; E.F. Lalín, SD Milladoiro; ED. Val do Miño.; SD Monterroso; CD Sar Extramundi; SD Cruces; SR Calo. O Torneo Ramón Barcala conta coa colaboración do Concello de Silleda, a Federación Galega de Fútbol, Deputación de Pontevedra, a Fundación Semana Verde, Culinaria e a Feira Internacional ABanca Semana Verde de Galicia.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page