top of page

O campo de fútbol municipal de Melide volve estar en funcionamento tras unha renovación do céspede

Xa se celebraron os primeiros adestramentos sobre a nova superficie


Laura Moure/Melide

O Club de Fútbol Cire de Melide xa retomou a súa actividade no campo de fútbol municipal logo de rematar os traballos de substitución do céspede, tal e como informa o Concello. Esta importante infraestrutura deportiva volve así estar en funcionamento.

"O campo de céspede foi substituído por un novo modelo sintético de última xeración que

prolongará a súa vida útil. A obra supuxo un investimento de máis de 190.000 euros. Estes traballos súmanse a tres importantes intervencións levadas a cabo no campo de fútbol, a posta en funcionamento dos catro vestiarios actualmente dispoñibles, a reforma da fachada exterior e a mellora dos accesos á instalación", explica o ente local.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O equipo de goberno agradécelle á directiva do Cire, xogadores e familias a súa paciencia, comprensión e colaboración durante os traballos de mellora do campo de

fútbol. O Concello habilitou un servizo de bus e chegou a acordos cos Concellos de Palas

e Santiso para que a actividade deportiva continuase en espazos destes dous municipios

veciños mentres durasen as obras.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page