Dende Xuntos polo noso Concello de Vila de Cruces, lanzan unha reflexión o aire
IsmaelRS/Vila de Cruces
Dende Xuntos polo noso Concello de Vila de Cruces, comparten dende a súa páxina de facebook un par de reflexións sobre o estado do antigo Campo de Fútbol de Piloño, no que comentan o seguinte:
O antigo campo de fútbol de Piloño estivo abandonado máis de 10 anos; producindo así maleza, toxos e ata pinos no medio do propio campo.
Qué decir das instalacións? En estado de abandono total... É triste que durante estos 10 anos o campo non tivera un simple mantemento, ou se lle dera un segundo uso como se quere facer agora.
Un uso real e adaptado ás características do campo, que está para uso deportivo. Sen dúbida todo o que se poida facer por mellorar o noso concello hai que darlle para adiante. O que sí podemos dicir, e que, é triste ver unha instalación pública nas condicións na que a atopamos.
Mentres tantos nós seguimos traballando, co desexo de darlle para arriba ao noso concello e de darlle uso a unhas instalacións que durante máis de 10 anos estiveron abandoadas; sin unha mínima limpeza e sobre todo sen ideas de darlle un segundo uso por parte do goberno anterior a pesar de recibir numerosas propostas por parte dos veciños.
Facilitan a través da súa conta de facebook, fotos do estado no que se atopaban ditas instalacións:
Comments