O Café Bar Pensión O Muíño do Pedrouzo reparte un millón de euros no Euromillones
- ecosdacomarca

- 20 may
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/O Pino
O Café Bar Pensión O Muíño, situado na rúa do mesmo nome, no centro de O Pedrouzo, no concello do O Pino, converteuse este martes no epicentro da sorte tras repartir un premio dun millón de euros correspondente ao sorteo do Euromillones.

PUBLICIDADE
O boleto premiado foi validado neste coñecido establecemento hostaleiro da localidade, moi frecuentado tanto por veciños como por peregrinos que percorren o Camiño de Santiago ao seu paso por O Pedrouzo. O premio corresponde ao código “El Millón”, asociado ao sorteo de Euromillóns celebrado esta semana.
A noticia xerou unha grande expectación entre a veciñanza e polo momento descoñécese a identidade da persoa agraciada.
PUBLICIDADE
Non é habitual que un premio destas características recaia na comarca, polo que o acontecemento foi recibido con entusiasmo en O Pedrouzo, unha das localidades con maior movemento de visitantes debido á súa situación estratéxica no Camiño Francés.








Comentarios