top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O C.D. Biosbardo acada un título masculino, un terceiro posto feminino e tres títulos individuais

Á par que afianza a un dos seus deportistas dentro da Selección Galega, tendo dous homes máis no top10, Marcos Pascual e o cruceño Emilio Montilla, do Ranking da Federación Galega de Atletismo e Tamara García, veciña de Dozón ás portas da selección


Ecos da Comarca/Deza

Fin de semana para enmarcar para o club deportivo Biosbardo, onde todo o traballo feito tivo un gran premio no Campionato Galego de Trail, individual e de clubs, que se levou a

cabo en Muros, no III Trail Cova da Bruxa, congregando a case 1.100 atletas nunha das probas insignia da Federación Galega de Atletismo.

Gran carreira do equipo masculino, quen sen ningún tipo de complexo saíu a por todas, colocando ós atletas deste clube nos postos dianteiros, controlando a carreira por clubs. O equipo tomou a dianteira, comandados por Marcos Pascual e Federico Losada, que se aventuraban na cabeza de carreira, seguidos de cerca polo cruceño Emilio Montilla, Iván Sangiao e Jonathan Pérez.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"A colocación estratéxica dos nosos atletas fixo que case duplicáramos a puntuación respecto o segundo club, Atletismo Porriño e triplicáramos a do terceiro, C.A. Cambados. Desde a dirección técnica do club quérese destacar o traballo feito polos demais representantes do equipo: Fran Sobrado, Borja Varela, Iván Barca, Fran Pascual e Guillermo Grandal. Unha victoria de todo o colectivo alí presente aínda que só puntuaban os 5 primeiros en meta".


Terceiras por equipos

"Toda a presión recaía nas nosas rapazas, xa que a baixa de última hora de Katia Senín obrigaba a puntuar ás tres deportistas que desputaban o campionato, non habendo posibilidades de erro. ¡Non fallaron! Lideradas pola veciña de Dozón Tamara García, foron avanzando posicións en carreira, aumentando a tensión por parte de compañeiros e afeccionados; e foi xa coa entrada en meta de Fanny Abelenda e Enara Fernández cando se ratificaba o terceiro posto por equipos feminino a tan só 5 puntiños da segunda praza

do SD Compostela", explica o clube.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Resultados individuais

Marcos Pascual Fidalgo, Campión Galego M35. "Consolidou o seu estado de forma actual, colocándose no top5 e coroándose como campión galego da súa categoría".


Federico Losada Conde, Campión Galego M45. "Non tivo o día, 10º absoluto, acusando a fatiga competitiva das semanas previas, nembargantes coróase como Campión Galego da súa categoría, e entra directo en postos de defender a Selección Galega no vindeiro campionato de España. ¡Todo un éxito para o C.D. Biosbardo!"-


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O cruceño Emilio Montilla Fernández, Campión Galego M50. Unha aposta segura, correndo moi intelixentemente, regulando e atacando nos quilómetros finais chegando 11º en meta.


"Estando en xogo títulos individuais e o campionato de clubs a nosa aposta foi clara: traballo colectivo; que se traducíu en poder subirse a podio tanto ó equipo masculino coma o feminino. Con estes resultados o C.D. Biosbardo acada o título masculino, o terceiro posto feminino e tres títulos individuais, á par que afianza a un dos seus deportistas dentro da Selección Galega, tendo dous homes máis no top10 (Marcos Pascual e Emilio Montilla) do Ranking da Federación Galega de Atletismo e unha das rapazas tamén ás portas da selección, Tamara García, veciña de Dozón".


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page