top of page

O Círculo de Recreo-Casino de Lalín albergará unha exposición de Olalla Garra

Ecos da Comarca/Lalín

A cafetería do Círculo de Recreo-Casino de Lalín presentará dende este venres, aproveitando a súa apertura tras o peche por vacacións, e ata o 24 de setembro, unha exposición de 49 cadros realizados por Olalla Garra.

"La danza cromática de las Durmientes Eternas", este é o este título co que presenta

a artista lalinense Olalla Garra a súa exposición, que dende este venres e ata despois

das festas, o 24 de setembro, poderase visitar na cafetería do Círculo de Recreo - Casino de Lalín. Un universo visual habitado por figuras femininas que descansan, soñan e respiran en silencio, en palabras da propia autora.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A mostra reúne 49 obras orixinais realizadas con rotuladores, nas que a cor e a forma

constrúen unha atmosfera onírica e vibrante. Cada peza representa unha durminte, un fragmento dese mundo interior onde a alma atopa refuxio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A inauguración será este venres ás 20:00 e contarase coa presenza da propia autora, detalles ilustrados para as persoas asistentes e unha experiencia estética íntima. Todas as obras estarán dispoñibles para a súa venda e os prezos poderanse consultar na propia exposición.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page