Ecos da Comarca/Lalín
A cafetería do Círculo de Recreo de Lalín acollerá dende este venres 31 de xaneiro unha
exposición das obras de Álex Dávila, “Dreads”, e mais Olalla Framiñán, “Zicuta”. Constará de composicións pictóricas abstractas e realistas. Ademais, haberá unha sorpresa para todas aquelas persoas que a visiten. Todas as obras están á venda.

O próximo venres, 31 de xaneiro, a partir das 21:30, poderase visitar a exposición realizada por “Dreads” e mais “Zicuta”, recentemente gañadoras do concurso de muralismo convocado polo Concello de Alcantarilla, en Murcia. A exposición estará
formada por abstraccións e tamén composicións realistas, como caricaturas ou animais. Ademais, levarán unha sorpresa creada por Zicuta: un caixón no cal haberá pezas de diversos tipos e de prezos variados.
Publicidade
Montarán a exposición ese mesmo venres a partir da 13:00 horas. Moncho Nela ocuparase
de preparar e servir pinchos para todas aquelas persoas que asistan á cafetería este
venres a partir das 21:30 horas.
Comentários