"Precísase tratar este asunto coa maior seriedade posible a todos os niveis, tanto social, coma político, para aportar solucións coa maior premura posible", sinala
Ecos da Comarca/Lalín
Dende o grupo nacionalista de Lalín alertan de que recibiron numerosísimas chamadas da veciñanza preocupada "pola situación de inseguridade que se fai evidente en Lalín nos últimos meses, solicitando solucións para este problema, que afecta a toda a sociedade e que pon en perigo a todos e todas".
Nos últimos meses, sinala o BNG, "detectouse un incremento no número de roubos, tanto na vila coma nas aldeas segundo os propios afectados denuncian, aparecen constantemente censadas persoas en domicilios onde non están realmente vivindo para sorpresa dos propietarios, aínda que se deduce que non todos son conscientes diso (feito especialmente grave polo fondo que conleva); as pelexas nocturnas aumentaron en número de xeito alarmante, destrozo de mobiliario público, etc. Para os nacionalistas todos estes feitos que crean un ambiente negativo e de preocupación entre os habitantes da vila. Hai incluso zonas do casco urbano onde moitas veciñanza evita pasear coa súa familia ou simplemente pasar, algo que se agrava no caso das mulleres, situación que se extende durante as horas diurnas e as nocturnas, por sentiren inseguridade ao camiñar pola rúa da súa vila".
Publicidade
Desde o BNG mostran o seu máis firme compromiso para facer todo o posible para que a
veciñanza non se sinta desprotexida, solicitándolle ao goberno a convocatoria urxente da
Xunta de Seguridade Cidadá para consensuar e buscar solucións reais e efectivas ao
"estado lamentable no que se atopa Lalín en canto a merma da seguridade cidadá que
sufrimos". Tratarán, dende o BNG, de que de dita xuntanza se deriven medidas urxentes e
eficaces "que devolvan a seguridade a poboación e garantan que todas e todos os lalinenses se sintan protexidos e sen perigo vivindo tanto na vila coma nas parroquias do concello, levando a cabo as súas actividades rutineiras sen sentirse ameazados por situacións de inseguridade derivadas dunha falla de compromiso por parte do goberno do
concello de Lalín, que semella deixar pasar este tipo de comportamentos sen tomar
medidas precisas para retomar a seguridade cidadá para a veciñanza". Claro exemplo en
palabras dos nacionalistas "é que desde o 7 de setembro do pasado ano non se volveu celebrar dita Xunta e que as medidas que se aplican, como a recentemente aprobada no
pasado pleno de cobrar polo uso destas instalacións é evidentemente errada xa que non
radica aí a solución ao problema real".
Publicidade
Os nacionalistas recalcan que Lalín ten que volver a ser un concello seguro e tranquilo e
insisten en desterrar dunha vez por todas prácticas socialmente intolerables que de non
atallalas dunha vez por todas van traer consecuencias moi perxudiciais para o conxunto
da poboación.
NOTICIA RELACIONADA:
Comments