top of page

O BNG solicítalle ao Ministerio de Traballo que dote á oficina do SEPE de Lalín do persoal necesario

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín levará unha moción ao vindeiro pleno a través da cal solicítalle ao Ministerio de Traballo que dote á oficina do SEPE do persoal necesario para cumprir a súa función.


"Desde o BNG de Lalín denunciamos a pasada semana o bloqueo que sufría a oficina do SEPE na nosa localidade. Aínda que a Subdelegación do Goberno, nun exercizo de cinismo e falta de transparencia absoluto, o pasado 20 de xaneiro saira publicamente negando tal situación, foron moitos e moitas as veciñas que ao longo de moitos días sufriron esta situación gravísima pola evidente importancia que dito servizo ten. Unha situación baseada que a oficina do Servizo Público de Empleo (SEPE), atopábase na práctica fóra de servizo pola falta de persoal para poder atender as súas funcións e demandas, concretándose semellante despropósito en que cando calquera veciño ou veciña quería pedir cita, tanto pola vía telemática, telefónica ou presencial, a resposta era que non existían citas disponibles na oficina de Lalín para todo o mes de xaneiro e que incluso non se podían solicitar porque a axenda de citas estaba bloqueada até novo aviso".

"Tal foi o esperpento", considera o Bloque, "que a única alternativa que ofrecían na Oficina era dar cita para que a nosa veciñanza se transladara a facer as súas xestións á oficina de A Cañiza, mentras se realizabas a solicitude telematicamente (estando bloqueada sempre a opción de Lalín) aparecían as citas máis próximas o 17 de xaneiro en Vilagarcía, o 21 de xaneiro en Pontevedra, o 23 en Tui e o 24 na Cañiza".


Para o BNG non é de recibo que o Ministerio condicione o cumprimento da normativa que obriga aos demandantes que acaban de perder o seu traballo a tramitar o cobro do subsidio nun prazo máximo de 15 días e que ese prazo obrigatorio non esté garantido polo propio Ministerio na súa oficina da localidade. "Tampouco queremos esquecer, por non ser menos importante, que calquera persoa que precisara asesoramento sobre cuestións laborais tampouco tiña a oportunidade de facelo, chegando ao esperpento de veciños que pediron cita, ante a negativa e imposibilidade de conseguila no mes de xaneiro, solicitaran como opción incluso para o mes de febreiro ou marzo se non había antes, e a resposta foi negarlla debido ao bloqueo das mesmas".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para a nosa organización, apunta, "esta situación é algo alleo aos traballadores da propia oficina de Lalín. É un problema derivado da falta de persoal co que conta dita sede, e evidentemente, da negativa a cubrir as baixas laborais que se poden producir por distintos motivos, tando de saúde como de vacacións ou días propios, faltaría máis". Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno da Corporación Municipal

a adopción dos seguinte ACORDO:

  •  Solicitarlle ao Ministerio de Traballo que dote á oficina do SEPE do persoal necesario para cumprir a súa función e garantir que situacións gravísimas como as relatadas anteriormente non se volvan producir.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page