top of page

O BNG rexistrará mocións nos concellos para solicitar a modificación do Canon Eólico e do Fondo de compensación ambiental

Pide que o novo Canon Eólico teña en conta aevolución tecnolóxica dos aeroxeradores


Ecos da Comarca/Xeral

O BNG rexistrará mocións nos concellos pedindo a modificación do actual Canon Eólico e do Fondo de compensación ambiental, que o novo Canon Eólico teña en conta a evolución tecnolóxica dos aeroxeradores, fixando criterios que teñan en conta a densidade enerxética dos mesmos. Do mesmo xeito, pedirá que o reparto entre os concellos sexa proporcional á potencia de enerxía eólica instalada en cada municipio e que se modifique a finalidade dos investimentos que permite realizar o Fondo de compensación ambiental aos concellos, estabelecendo criterios de sostibilidade ambiental e financeira.


Este canon, modificado ata dez veces dende a súa creación en 2009 de xeito unilateral e sen diálogo social, sinala o BNG, "grava o número de aeroxeneradores establecendo un tramo exento e outros tres con pagamento crecente segundo se incremente o numero de aeroxeneradores. O avance tecnolóxico conleva a unha progresiva redución de ingresos por este concepto por canto cada vez se instalan menos aeroxeneradores, pero con mais potencia. Por outra banda, a repotenciación dos parques eólico máis antigos reducen o número de aeroxeneradores para igual potencia instalada, o que tamén conleva a redución de ingresos".

Así, explica, "nun parque antigo de 25 aeroxeneradores de 750kw e unha recadación anual polo canon de 142.000 euros coa repotenciación van quedar tan só 6 aeroxeneradores de 3.125kw cunha recadación por canon eólico de 13.000 euros, unha diminución do 91%. Resulta evidente que esta non é a forma mais axeitada para retornar a sociedade unha compensación polo impacto xerado pois a recadación é decrecente nun contexto no que se incrementa o feito impoñible do canon, a produción eléctrica. Con este canon fornécese o fondo de compensación ambiental que se reparte por dúas vías, unha para os concellos directamente afectados por asentamento de aeroxeneradores e outra para todos os concellos en concorrencia competitiva".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para os nacionalistas este sistema ten dúas eivas fundamentais. "Unha porque crea distorsións dentro dos concellos que contan con aeroxeneradores, chegando a percibir menos do 30% do que se recada no seu territorio e en segundo lugar porque despois de 15 anos de vixencia do Fondo de Compensación Ambiental, hai concellos que non atopan destino para investir a partida que lle corresponde atendendo ás bases da convocatoria polo que se fai necesaria que se modifique a finalidade dos investimentos que permite realizar o FCA aos concellos".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page