top of page

O BNG rexistrará moción en todos os concellos da comarca contra o “Taxaso” de Sogama

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Critica "a suba unilateral e abusiva coa que o Goberno do PP quere facer pagar á cidadanía o seu sistema de xestión de residuos obsoleto, antiecolóxico e fracasado"


Ecos da Comarca/Deza

O BNG porá en marcha una campaña contra o “taxazo” de Sogama con iniciativas no Parlamento e nos concellos para que tanto a Cámara galega como as corporacións municipais se posicionen en contra do novo sablazo do Goberno do PP, que propón para 2025 unha suba do 30% na factura da xestión de residuos que se suma ao 30% de incremento deste ano 2024.


"Un incremento do 60% até colocar en 108 euros o prezo a pagar por cada tonelada de

residuos entregada a Sogama, o que supón un “novo atraco” da Xunta do PP aos concellos co que quere facer pagar á veciñanza un sistema de xestión de residuos

obsoleto e caro. Para escaquearse da súa responsabilidade nesta suba, di que os concellos poden asumila sen repercutila na cidadanía, obviando que os concellos

están economicamente asfixiados, entre outras cousas, porque están asumindo

competencias que son da propia Xunta e tamén obvia que é obrigatorio por lei que se

repercuta no recibo do lixo o custe íntegro da recollida e tratamento do lixo", sinala o BNG.

Ademais, insiste en que "esta medida, unilateral, inxustificada e abusiva, supón un negocio redondo para Gas Natural -que ten o 49% da compañía- e para as empresas amigas do PP, como por exemplo o Grupo Valtalia-Copasa, que nos últimos anos ten recibido máis de 700 millóns de euros en sucesivos contratos con Sogama. Unha vez máis ganan as empresas amigas do PP, pero perden os concellos, perden os veciños e veciñas, que van ter que pagar máis na factura do lixo, e tamén perde o medio ambiente e a loita contra o cambio climático. O PP continúa empecinado en seguir adiante cun sistema obsoleto e contaminante e que vai en contra das normativas europeas".


"Ante este incremento unilateral, desproporcionado e abusivo que é consecuencia do fracaso estrepitoso do sistema Sogama", o BNG levará a cabo unha campaña institucional no Parlamento, nos concellos e tamén nas deputacións para frear este novo “taxazo”, pero tamén para impulsar un debate serio e rigoroso para dar paso a un novo modelo de xestión de residuos que sexa acorde coa normativa europea e respectuoso co medio ambiente. "Para tomar medidas que permitan a Galiza avanzar cara o obxectivo de acadar un 50% de reciclaxe, que é o que establece a normativa europea, estatal e galega para 2025, un obxectivo que está moi lonxe co modelo do PP".


Por outro lado, o Bloque considera que a Xunta "gábase de que grazas ao seu esforzo económico reducirá o custe entregándolle aos concellos 9 millóns de euros, 3 millóns menos dos que previamente detraeu do Fondo Adicional de Cooperación Local, ou sexa, pagan os concellos. Por outra banda, o imposto sobre incineración que ten previsto recadar 12,1 millóns de € deben ir a implementar a bonificación do canón Sogama dos concellos".

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Os acordos da moción que presenta o BNG nos concellos son tres:

  1. O reparto entre todos os concellos galegos dos 12.100.000 de euros do Fondo Adicional. Utilizando como criterio de reparto o do número de toneladas depositadas por cada concello. Pois trátase de diñeiro que pertence ás entidades locais ao seren detraída do FCL.

  2. 2. A achega total da cantidade recadada en concepto de imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos, pola que se orzamentaron inicialmente 12.150.039 de euros, para implementar bonificacións no Canon dos concellos, e así, deste xeito, cumprir os obxectivos marcados coa creación deste tributo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

3. A creación dunha comisión de traballo entre SOGAMA, as consellerías de Medio Ambiente e Facenda e a FEGAMP, para determinar as condicións do Canon para o ano 2025 -antes da aprobación do Proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma para ese ano – e debater sobre o cambio de modelo de xestión de residuos en Galiza, incluíndo o debate sobre a fórmula que permita a cada concello, con independencia da súa dimensión, acceder á redución do canon aínda que non incorpore o quinto con lector, e valorando para a aplicación desa redución o compromiso de cada concello na aplicación da compostaxe individual ou comunitaria, ou financiando modelos de xestión alternativos nos que se debe primar o tratamento de proximidade dos biorresiduos, con sistemas de compostaxe domiciliaria e comunitaria.





0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page