top of page

O BNG reúnese coa CIG Ensino para interesarse pola situación do Scientia School de Lalín

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Anunciouse un novo Concurso de Acreedores neste centro educativo


Ecos da Comarca/Lalín

Anunciado un novo Concurso de Acreedores no centro Scientia Lalín SL do grupo Scientia School, o BNG quere saber cal é a situación real do colexio, e coñecer de primeira man, que medidas acordaron acometer as persoas traballadoras en Asemblea informativa celebrada o pasado xoves á tarde. Á reunión, que tivo lugar este sábado ás 17:00 horas no local do BNG de Lalín, asistiron Paco Vilariño e Mari Fernández como responsables do BNG e Xosé Nogueira, Luz Fernández e Loli Sampayo en representación da central sindical.


Logo de que o BNG transmitise o seu apoio, tanto as persoas traballadoras como ás familias afectadas, o primeiro en intervir foi Xosé Nogueira que, en calidade de asesor do Sindicato, expuxo detalladamente a situación actual do centro logo dunha convulsa e precipitada semana. Así, indícabase dende a CIG, “foi o pasado domingo cando nos enteramos, e compre dicir que de absoluta casualidade de que Scientia Lalín Sl entrara en Concurso Voluntario de Acreedores a través do Xulgado Nº 9 do Mercatil de Madrid; empresa que sabemos estaba administrada ou ao menos dirixida por Francisco Guerrero Cruces. A partir de aí, fixemos as pesquisas oportunas e conseguimos saber que había unha proposta de nomeamento dun Administrador Concursal, neste caso de Coruña. De igual xeito, e visto o que acontecera en Donostia en xuño do ano pasado, e logo de falar cos compañeiros de ELA (sindicato maioritario na empresa vasca) solicitamos “unha nota simple” ao rexistro da propiedade e efectivamente corroboramos as nosas sospeitas que fan deste concurso “un concurso totalmente diferente” aos anteriores".

Da nota simple, indican, "podemos concluír que os bens e inmóbeis que se atopan na parcela onde se ubica o centro educativo está rexistrado a nome de SCIENTIA SCHOOL S.A. e non a nome SCIENTIA LALIN S.L. empresa en concurso; polo que a posibilidade de que apareza un comprador da “unidade produtiva” redúcese considerablemente".


Sinalou Nogueira que “aínda habemos levar máis sorpresas” e xa “non descartamos que apareza a propia empresa debéndose diñeiro a ela mesma a través das estruturas S.A e S.L... vía contratos propios de arrendamento, o que suporía xa o colmo da “especulación” e da utilización da lei concursal para poder “roubar a mancheas” os cartos de todos e todas nos mentres teñen a clase traballadora sen cobrar dende fai meses", indicaban dende a CIG. Este foi tamén o contido principal que abordaron o pasado xoves na Asemblea que celebraron no local da CIG en Lalín e a cal convidaron a todas as persoas traballadoras do centro.


"A día de hoxe, temos constatación que que a administración concursal (pese a non estar

publicado o concurso no BOE) xa se puxo en contacto coas persoas traballadoras do centro para indicarlle que xa poden comunicar os créditos adebedados. Ao mesmo tempo e no día de onte (polo sábado), á ultima hora da mañá a RLPT (as delegadas de persoal) recibiron convocatoria de reunión co Administrador Concursal para o vindeiro luns (hoxe) ás 14:30 horas, e pouco tempo despois dende a dirección do centro convocaron ao conxunto das persoas traballadoras da empresa a unha reunión coa “dirección da empresa” e a que sospeitamos que acudirán Rafael Lestón, actual responsable de recursos humanos de Scientia School, e anterior asesor sindical do FSIE; e Francisco Guerreo Cruces, en calidade de “Administrador” de algunha das pezas “da maraña empresarial”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"A día de hoxe, e a expensas do que nos poidan contar tanto o Administrador Concursal como o propio empresario en caso de persoarse o vindeiro luns, dende a CIG queremos amosar a nosa preocupación por 3 áreas que para nos son principais". Son as seguintes:

"1.- En primeiro lugar, tememos pola mantemento dos postos de traballo. Compre lembrar como se chegou a esta situación, e nisto, reparar que foi no ano 2022 cando Francisco Guerrero Cruces, entendemos que como “mandado” de Estanislao Martínez Paz (o gran xefe na sobra) chegou a negociar a adquisición do colexio nunha poxa na que subindo a aposta da outra empresa que estaba disposta a adquirir o centro de traballo, gañou a poxa precisamente por “facer unha oferta mellor á administración concursal” consistente en, entre outras condicións “Manter o 100% dos postos de traballo”". Para a CIG isto é fundamental, pois de terse planificada esta operación dende aquel momento, "entendemos que se trata dun fraude ao xulgado mercantil pontevedrés que tivo que revolver o concurso do ano 2022".


"2.- En segundo lugar, e como no pode ser doutro xeito, manifestamos a nosa preocupación pola situación de indefensión na que van quedar as familias e en especial as crianzas. En pleno proceso se reserva de praza, as familias non teñen a día de hoxe garantía algunha de se vai haber praza para as súas fillas e fillos, xa non neste centro educativo, se non mesmo nun centro do concello de Lalín; vistas outras realidades demográficas chámese Dozón, Agolada, Rodeiro".


"3.- En terceiro lugar, polo desleixo e despreocupación das administracións para loitar contra o fraude e a especulación, póndose “de perfil” na defensa da clase traballadora, pero dando o do de peito para buscar “empresas salvadoras” que co tempo se demostran verdadeiras entidades fraudulentas e en nada preocupadas polo ensino se non exclusivamente polo seu capital".


Tanto o BNG como a CIG comparten que “non podemos permitir que veñan especuladores a Lalín mais para iso, a administración local e a Consellaría de Educación nomeadamente teñen que poñerse a traballar xa e buscar unha solución e que, ten que pasar necesariamente pola integración do centro de ensino na Rede Pública de Ensino Galego, como xa teñen denunciado en varias ocasións".


Neste senso, e en palabras de Paco Vilariño: “O señor Crespo non pode vir agora queixándose desta situación porque, por unha banda, isto xa era esperable visto o interese de Francisco Guerrero pola cuestión educativa no centro, e sobre todo porque o BNG xa llo anticipou no ano 2021 cando, no último concurso o instábamos a que “faga públicos os servizos que no seu día se privatizaron”, mais por desgraza eses intereses non lle son propios ao partido popular". Vilariño mostrou o apoio incondicional do BNG, tanto aos traballadores como ás familias afectadas, colaborando a nivel de organización e como estrutura política na defensa dos seus intereses.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Vilariño tildou "de intolerable esta situación" e puxo o acento na importancia que este centro educativo ten en Lalín "debido a que non contemplan en ningún momento o seu peche polo impacto inasumible que tería na rede educativa de Lalín ao non existir alternativa para acoller a todo o alumnado", lembrando que os outros dous centros públicos ubicados na vila están masificados.


O voceiro municipal, denuncia que o problema de fondo "é a especulación existente no ensino "e móstrase radicalmente contrario "a que se pode facer negocio co mesmo como é o modelo do PP", insistindo unha vez máis que a solución para rematar con este culebrón é que a Xunta asuma dito centro para que pase a formar parte da rede galega de centros públicos.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page