top of page

O BNG propón un plan integral para recuperar e ampliar os taboleiros informativos de Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda vén de presentar unha moción para poñer fin ao grave deterioro dos taboleiros informativos repartidos polas parroquias rurais do municipio. Estes soportes, empregados para avisos municipais, comunicacións de interese público e información de entidades sociais, "acumulan anos de abandono, o que impide o seu uso normal e reduce a súa utilidade como ferramenta básica de comunicación", sinala o Bloque.

Ao longo do tempo foron instalados diferentes modelos —taboleiros metálicos con capa de cortiza moi deteriorada e taboleiros de madeira cheos de grampas, pezas rotas ou en mal estado— sen un mantemento regular que garantise a súa conservación, apunta o BNG. Para moita veciñanza, especialmente no rural, estes espazos continúan a ser un dos principais puntos de acceso á información municipal. “Un concello que quere ser útil ten que coidar tamén os pequenos detalles. Estes taboleiros son un servizo público barato pero de enorme valor social, e hoxe están practicamente inservibles pola falta de atención do Goberno municipal”, explica a portavoz municipal do BNG, Erea Rey.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A iniciativa solicita ao Pleno:

  • Un inventario completo da rede de taboleiros: localización, tipoloxía e estado.

  •  Un plan de posta a punto que inclúa reposición de cortiza nos metálicos, limpeza e restauración dos de madeira, reparación de pezas e aplicación de tratamentos protectores.

  •  Un protocolo de mantemento periódico, con revisión anual, para evitar que a situación actual se repita.

  • A instalación de novos taboleiros, tanto na vila —onde practicamente non existen— como nas aldeas que carecen deles.


“A comunicación pública é un servizo esencial. Se queremos que a veciñanza estea informada, o Concello ten que garantir soportes dignos e accesibles en todas as parroquias”, engade Erea Rey.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Para o BNG, esta medida é unha actuación sinxela, asumible e necesaria para recuperar un servizo útil, barato e moi valorado no rural, reforzando ademais o compromiso municipal coa transparencia e a comunicación directa coa cidadanía.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page