top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG pronúnciase sobre a moción do PP na que insta a suprimir a obrigatoriedade do rexistro dos galiñeiros

Ecos da Comarca/Deza

Ante a moción que o  Partido Popular está presentando en distintos concellos na que pide: “Instar ao Goberno de España a que modifique o real Decreto 637/2021, DE 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación de granxa avícolas, para suprimir a obrigatoriedade de rexistro de explotacións avícolas para autoconsumo (…) " o BNG de Deza e Tabeirós pronúnciase.


O BNG fai as seguintes observacióons:

1º.- O Real Decreto 637/2021 (RD), vixente desde o 29 de xullo de 2021, que impón a obrigatoriedade do rexistro dos galiñeiros ten unha xustificación: asegurar a trazabilidade e a localización das aves para así facilitar a actuación dos servizos veterinarios de sanidade animal ante a aparición dun gromo epizoótico de importancia, como podería ser o de Gripe Aviaria.

2º.- Nesta altura, marzo de 2024, logo de case tres meses de avalancha de solicitantes colapsando literalmente as oficinas comarcais da consellería de Medio Rural, a grande parte dos galiñeiros de autoconsumo de Galiza xa deben estar rexistrados ("grazas ao esforzo do persoal administrativo destas oficinas xa que a Consellería novamente fixo gala de improvisación e non reforzou en absoluto o persoal encargado desta tarefa"). "Así pois, a moción que nos presenta o PP vén tarde, e semella querer lavar a cara á nefasta xestión da Consellería de Medio Rural e do goberno da Xunta no proceso da elaboración deste RD".


"Temos que ter en conta que, os servizos veterinarios oficiais de Gandeiría de Galiza xa desde inicios do 2000 tiñan establecido un sistema válido para esa continxencia: o Libro de rexistro de vendas das tendas agrarias, nel os/as comerciantes tiñan a obriga de consignar os datos da clientela que merca as aves", sinala o BNG.


Publicidade

Na moción do PP faise referencia a que a Xunta alegou no proceso de elaboración “sen éxito”. "Sería interesante coñecer esas supostas alegacións, se as deixaron á responsabilidade do persoal técnico que habitualmente asiste ás reunións previas á elaboración dun RD, ou se estas foron realizadas a nivel de Dirección Xeral de Gandería ou da Consellería de Medio Rural, como requiriría o caso dada a enorme cantidade de persoas que se verían afectadas por esta norma en Galiza", resalta o Bloque.


"Preguntámonos se pode o grupo municipal do PP presentar algunha proba desta alegación.  Entendemos que se os responsables da Consellería defenderan a validez do sistema xa instaurado en Galiza, terían argumento de abondo para evitar a obriga deste novo rexistro, que ademais temos a seguridade de que dada a enorme extensión que en Galiza ten a práctica da cría de aves para autoconsumo, vaise converter nunha ferramenta inútil para a finalidade sinalada, e a cada vez máis segundo vaian pasando os anos, xa que mentres se seguirán incrementando as novas inscricións, será moi improbable que se comuniquen as baixas, facendo deste censo unha ferramenta que traballe con datos incertos. Por todo isto semella pouco verosímil que nun asunto de tan pouca transcendencia para o resto do Estado e de alto impacto en Galiza, o Ministerio non aceptase que cada CCAA desenvolvese a norma atendendo ás súas peculiaridades tal e como ten acontecido noutras normas semellantes (apicultura)".


Publicidade

Finalmente, recalca, que "queremos lembrar que o RD se dita ao abeiro do artigo 149.1.13.ª da Constitución, que atribúe ao Estado a competencia sobre as bases e a coordinación da planificación xeral da actividade económica, suposto que dificilmente pode xustificar lexislar sobre os galiñeiros de autoconsumo, realidade peculiar de Galiza, Comunidade que ademais ten, segundo o artigo 30.1 do seu estatuto de autonomía, a competencia EXCLUSIVA en materia de gandería, o que habilitaría á Xunta para que, unha vez fracasadas as súas supostas alegacións, poder presentar no seu momento outro tipo de recursos contra a aprobación dunha norma que invade claramente competencias galegas. Presentárono".



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page