top of page

O BNG presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia para reactivar as parcelarias de Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG volverá presentar unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que se reactiven as concentracións parcelarias no concello de Agoladanhas concentracións iniciadas hai 20 anos e paralizadas despois dun investimento de 830.000 euros.

Os nacionalistas dezás Susana Tato e Xoán Blanco.

"Recordamos que o BNG xa levou ao parlamento distintas iniciativas para reactivar estas concentracións nos anos 2019, 2020, 2021 e 2022, e tamén presentou emendas aos orzamentos da Xunta para os anos 2021 e 2022 que foron rexeitadas pola maioría absoluta do PP", recalca o partido nacionaista. Así mesmo, considera "urxente a finalización das concentración parcelarias para potenciar novos proxectos e actividades relacionadas co agro e co forestal no concello e que suporían unha oportunidades de xeración de emprego e loita contro o despoboamento".


"Temos constancia de que nesta zona da ribeira do Ulla estanse a facer propostas para plantación de castaña, de oliveira, de mazá para sidra, naves de galiñas ecolóxicas para produción de ovos, e outros proxectos relacionados co gando porcino ou agrícolas, é dicir, proxectos diversificados que son fundamentais para relanzar a economía da zona".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por outra banda, recalca, "pedímoslle ao alcalde que deixe de andar co chimpín e que se poña á fronte da reivindicación veciñal como corresponde á máxima autoridade do concello".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page