top of page

O BNG presentará en todas as parroquias o seu proxecto político para “unha Arzúa que merece máis”

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Pantiñobre, Boente e Brandeso son as primeiras nas que a organización nacionalista estará nos primeiros días de campaña


Ecos da Comarca/Arzúa

O candidato do BNG á Alcaldía de Arzúa, Xoán Xesús Carril, sinalou este mércores que o BNG ten xa preparado o “calendario de campaña, co que queremos chegar a todos os recunchos do noso concello para que coñezan de primeira man o proxecto político que o BNG ten para Arzúa” explicou.

Así, a organización nacionalista celebrará ao longo da campaña electoral actos públicos en todos os locais sociais das parroquias arzuás. “Dunha maneira cercana, ao igual que fixemos ao longo destes catro anos, queremos falar coas nosas veciñas e veciños e que coñezan o proxecto do BNG para unha Arzúa que merece máis futuro, máis aposta polo rural, máis servizos públicos e infraestruturas para garantir o benestar de todas as e os que nel habitamos” explicou Carril.


“Para o BNG as parroquias e o rural arzuán son un piar fundamental, non se pode entender Arzúa sen elas” sinalou o nacionalista e engadiu, “a equipa que conforma a candidatura do BNG levamos Arzúa no corazón, estamos orgullosos e orgullosas do lugar onde vivimos. Unha Arzúa con moita potencialidade que merece saír do estancamento no que estivo sumida os últimos anos”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os primeiros actos terán lugar o venres 12 ás 21 horas no Local Social de Pantiñobre, o sábado 13, ás 12 horas, no Local Social de Boente e ás 21 horas no Local Social de Brandeso, e desde o BNG convidan a toda a veciñanza destas parroquias a acudir a eles “para coñecer de primeira man cales son as nosas propostas para mellorar Arzúa e darlle o futuro que merece,” concluíu Carril.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page