top of page

O BNG preguntará a Política Social se vai solucionar a insuficiencia de prazas nas escolas infantís de Deza

Ecos da Comarca/Deza

Ariadna Fernández González e Olalla Rodil Fernández, deputadas do Grupo

Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan unha Pregunta para resposta oral en Pleno,

relativa ás prazas nas escolas infantís da comarca do Deza-Tabeirós e Terra de Montes.

"O 6 de maio de 2025 publicáronse as listaxes de crianzas admitidas na rede pública de escolas infantís dependentes da Xunta de Galiza, á agarda das listaxes definitivas. Nestas lista, as crianzas da comarca do Deza- Tabeirós e Terra de Montes que quedaron en situación de agarda superaron as 70, nada sorprendente, xa que cada curso escolar se repite a situación da falla de oferta para asegurar conciliación que se sofre en concellos coma Silleda ou Lalín, onde quedaron en agarda 23 e 40 crianzas respectivamente, sen que haxa ningunha localidade na que todas as familias visen atendidas as súas demandas".


"Malia que as prazas de escolas públicas non son abondas, o goberno galego ven

de rexeitar 22 millóns de euros procedentes de fondos europeos que corresponden co mecanismo de recuperación e resiliencia e que tiñan como destino a creación de novas prazas de escola infantil no ámbito público. Coa escusa de que eses fondos non estaban

creados para nós, foron restituídos antes incluso de finalizar o prazo para que fosen usados no noso país, alegando dende a Xunta de Galiza, entre outras cousas, que non podían ser usados para o financiamento da escolarización de 0-3 anos a través das escolas infantís privadas".

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A realidade, apuntan, "é que a falla de prazas de escola infantís públicas afecta a todo o país pero, no caso dos concellos situados en áreas en reto demográfico ten unha maior

importancia se a nosa intención é non colaborar a través da falla de servizos de conciliación co baleirado do rural galego, que afecta con especial énfase a zonas de

Lugo, Ourense e as comarcas do interior de Pontevedra, coma á que nos referimos".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo o exposto anteriormente formúlase a seguinte pregunta para resposta

oral en Pleno:

"Vai garantir a Consellería de Política Social que as familias da comarca do Deza-Tabeirós e Terra de Montes poidan dispoñer do servizo de conciliación no curso 25/26 nas escolas infantís públicas que lles corresponden?".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page