top of page

O BNG pregúntalle á Consellería de Medio Rural cal é a súa intención coas parcelarias de Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Ariadna Fernández González e Secundino Fernández Fenrández, deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, levan o tema das parcelarias do concello de Agolada á Comisión 7ª.


"O proceso que envolve as tres reestruturacións parcelarias do concello de Agolada, leva máis de 20 anos iniciado e non deixa de ser un reflexo do desleixo que a administración amosa cara o rural do interior de Galiza, cada vez menos poboado e que, de darse as circunstancias propicias no pasado entre as cales se encadra o apoio ao sector agrogandeiro, agora non ficaría baleiro. Tras innumerables prazos cos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) se comprometeu en bastas ocasións e varias reunións veciñais con escasos resultados, chegou a sede parlamentar a pregunta do BNG sobre a intención da Consellería de Medio Rural con respecto a estas concentracións parcelarias. Foi na Comisión 7 onde a directora xeral do AGADER adquiriu novamente compromisos que logo foron trasladados “in situ” nunha reunión onde asistiron veciños e veciñas interesados", lembra o BNG.

Coa súa visita á zona, no pasado 2024, anunciábase que se levaría a cabo o estudo previo de iniciación das tres concentracións parcelarias de Agolada, nomeadamente Agra-O Sexo-Val de Sangorza, Baíña-Berredo-Orrea e Basadre-Eidián-Ramil, recollido no DOG do 5 de novembro de 2024, data a partires da cal as persoas interesadas poderían realizar as achegas que considerasen oportunas a tal estudo durante un mes.


"Polo tanto, de non haber ningún prexuízo, en data do do 6 de decembro de 2024 debería estar finalizado o estudo previo de iniciación da área a reestruturar, momento dende o cal se podería continuar co proceso e decretar as 3 parcelarias antes especificadas e do que non somos coñecedoras nin os afectados foron informados ate o de agora", subliña o Bloque.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por todo o exposto formúlanse as seguintes preguntas para resposta oral na Comisión 7ª:

1. Prevé a Xunta de Galiza decretar á maior brevidade posible as parcelarias de Agra-O Sexo-Val de Sangorza, Baíña-Berredo-Orrea e Basadre-Eidián-Ramil?

2. Rexistráronse alegacións ao estudo previo de iniciación dos procesos de reestruturación Agra-O Sexo-Val de Sangorza, Baíña-Berredo-Orrea e Basadre-Eidián-

Ramil?

3. Que previsións contempla a Xunta de Galiza nos procesos de reestruturación de Agra-O Sexo-Val de Sangorza, Baíña-Berredo-Orrea e Basadre-Eidián-Ramil pasado o mes de alegacións ao estudo previo de iniciación?

4. Que previsión ten a Xunta de Galiza sobre incluír a Brocos e Sesto no plan da reestruturación parcelaria de Agolada como os propios interesados e interesadas solicitan?



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page