top of page

O BNG pide medidas ante os resultados do informe das persoas beneficiarias da RISGA e AIS en Lalín

Solicita medidas específicas para reverter as condicións que levanaos lalinenses a ter duplicado as solicitudes de axudas de inclusión


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG solicita medidas específicas para reverter as condicións que levan aos lalinenses a ter duplicado as solicitudes de axudas de inclusión. Os nacionalistas instan ao goberno de Lalín a facer unha análise sobre os motivos que" nos levan a ser os primeiros da comarca e terceiros da provincia na solicitude de prestacións sociais, evidenciando unha falla absoluta de políticas sociais destinadas aos veciños e veciñas que revertan no benestar das familias".

ree

“É evidente que non se está a actuar o que se debera dende Política Social, doutro xeito non se terían estes resultados recorrentemente, que o que fan é poñer enriba da mesa un problema grave en canto á ausencia de recursos, desemprego e risco de exclusión de moitos veciños e veciñas no noso concello, que deben ser valorados, incidindo no investimento social” aclara a deputada nacionalista Ariadna Fernández, que considera alarmante o resultado obtido no informe sobre a aplicación e avaliación da Lei de inclusión social de Galicia correspondente ao 2024.


Así mesmo, a concelleira nacionalista insiste en que “é especialmente chamativo que sexamos o concello da nosa categoría que peores datos ten, duplicando nos últimos anos as solicitudes, sen que as medidas aplicadas palíen os problemas que nos sitúan nestas circunstancias”, polo que insiste en que é de vital importancia tomar conciencia e que o goberno lalinense sexa proactivo neste senso e reforce as súas medidas ao respecto.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Sinala que "son de especial importancia os datos relativos ás mulleres e as persoas de maior idade, que son os principais beneficiarios, tanto no caso da Risga coma no das axudas de inclusión social, evidenciando que tanto a idade coma o xénero inflúen á hora de ser beneficiarios destas prestacións e polo tanto, á hora de situarse estas persoas na

vulnerabilidade. Así, segundo as cifras publicadas, hai un 65% de mulleres mentres os

homes quedan nun 37% nas solicitudes da AIS e que están destinadas fundamentalmente a necesidades primarias nun 56% dos casos, o mesmo que ocorre coa Risga, onde hai 97

mulleres fronte a 39 homes, evidenciando unha clara desigualdade nas situacións de

vulnerabilidade e exclusión social".


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Centrar os nosos esforzos en políticas que teñan como protagonistas as mulleres e promovan a igualdade de xénero, ao igual que ás persoas de máis de 55 anos, que supoñen o 26% do total das solicitudes destas prestacións. Hai que ter en conta, así mesmo, a influencia da falla de vivenda e dos prezos inasumibles neste aspecto, que neste caso é importante xa que o 52% das solicitudes proveñen de persoas que se atopan en réxime de alugueiro, cun 77% dos beneficiarios residindo en pisos", recalca o Bloque.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page