Esta formación política rexistrará unha moción para tal fin nos concellos nos que ten representación
Ecos da Comarca/Xeral
Ante a crítica situación económica que moitas persoas están sufrindo, o BNG rexistrará nos concellos nos que ten representación, unha moción para demandar á Xunta e ao Estado medidas urxentes para paliar as consecuencias da suba do prezo da electricidade, gas ou carburantes.
"A escalada de prezos en bens e servizos, aínda que agravada pola guerra de Ucraína, xa se viña producindo desde tempo atrás, é un problema económico e social de primeira orde. Provoca perda de poder adquisitivo e polo tanto, o empobrecemento das clases populares e dos sectores máis vulnerables da sociedade", indica o BNG. O informe da Rede Galega contra a Pobreza do ano 2020 sinalaba, segundo como apuntan os nacionalistas, que o 25,7% da poboación galega estaba en risco de exclusión social ou pobreza. A día de hoxe, esta cifra será sensiblemente superior. A electricidade subiu un 111,5%, o diésel, un 29%, a gasolina, un 25,5%, a bombona de gas, un 40% e os alimentos básicos segundo a FAO están no nivel máis alto dos últimos 60 anos. Fronte a isto, a suba salarial situouse moi por debaixo do IPC, 6,7%.

"Ante esta situación temos uns gobernos, estatal e da Xunta, incapaces de limitar a escalada de prezos imposta por especuladores que se aproveitan do conflito, ningún dereito significante recuperado para a clase traballadora arruinada polas eléctricas, queimada nos carburantes e estafada nos supermercados. Fronte a esta grave situación non se entende que o goberno estatal demore até o día 29 aportar solucións mentres o resto de estados da UE están adoptando medidas para protexer sectores estratéxicos e á poboación", cuestiona.
O BNG considera que é urxente demandar da Xunta e do estado actuar en varios ámbitos:
"A nivel fiscal: sen perder de vista que hai que ir a unha reforma fiscal en profundidade para que pague máis quen máis ten ou imposto ás grandes fortunas. Consideramos que nestes intres hai que ir a unha deflación do IRPF (que se pague polos ingresos reais, non polos nominais) ou aplicar o IVE superreducido á produtos esenciais ( alimentación, produtos hixiene)".
"No sector eléctrico é urxente: intervención publica que bote man dos beneficios caídos do ceo das eléctricas, nova regulación do mercado marxinalista, que desvincule o gas do prezo da enerxía que é un roubo legalizado que reporta millóns de beneficios, a creación de empresas públicas de enerxía (que xestionen hidráulicas que vaian caducando ou eólica) ou unha Tarifa Eléctrica Galega que nos beneficie por ser produtores e asumir os custes ambientais e sociais da mesma".
"No sector de hidrocarburos: control e estabilización dos prezos con axudas a sectores específicos (sector primario, transporte, ...)".
Sector primario: "Que se cumpra a Lei de Cadea Alimentaria, evitando a venda a perdas, impulsando axudas polo incremento dos custos de produción, singularmente enerxía e combustíbeis eimpulsando a compra pública de pensos para garantir a subministración".
A nivel social: "A suba do salario até o 60% do salario medio, tal e como reza a Carta Social Europea ratificada polo estado español. A suba dos salarios con arreglo ao IPC ou as pensións máis baixas, compromiso do actual goberno estatal
Comentarios