top of page

O BNG pedirá explicacións no Parlamento polos vertidos continuos de escuma das depuradoras de Lalín

A deputada Montserrat Prado advirte dun problema recorrente que afecta seriamente aos ecosistemas dos ríos Deza e Ulla e chega ata a ría de Arousa


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG levará ao Parlamento galego, para reforzar as iniciativas rexistradas no mes de xullo e aínda sen tratar, os últimos vertidos detectados na comarca do Deza procedentes das depuradoras de Lalín e Botos e que se están a converter nun serio problema crónico para o conxunto de ecosistemas dos ríos Deza e Ulla e que se prolonga mesmo á ría de Arousa.


Así o avanzou a deputada nacionalista Montserrat Prado, logo de visitar xunto a representantes do BNG na comarca a área recreativa da Carixa, ata onde chegaron de

novo os vertidos despois de que se detectara outro moi importante no río Asneiro o pasado mes de xullo, cunha espesa capa de escuma branca apreciábel ao longo de todo o caudal e que percorreu unha longa distancia non só ata o río Deza senón chegando tamén ao Ulla e á súa desembocadura na ría de Arousa.


Diante desta situación e dado que non se coñecen medidas para solucionar o problema, o BNG levará á Cámara unha batería de iniciativas para que se esclareza o acontecido, se investigue con rigorosidade a orixe dos vertidos e a repercusión sobre o conxunto do ecosistema do río e, ademais de depurar posibles responsabilidades, se tomen as medidas precisas para evitar que se volvan a producir.


Para o Bloque, estes vertidos evidencian "as deficiencias destas depuradoras que non responde ás necesidades das empresas instaladas no polígono industrial de Botos e á

poboación de Lalín".


A fronte nacionalista advirte que non se pode consentir que se sigan repetindo as verteduras que, lonxe de seren un caso illado, estanse a converter nun problema recorrente e crónico no río Asneiro e que se estende aos caudais do Deza e o Ulla e chegando á ría de Arousa, unha grave situación polo impacto sobre os ecosistemas pero

tamén porque, augas abaixo, existen diversas captación para uso da cidadanía.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page