top of page

O BNG pídelle ao PSOE "que deixen de usar a AP-53 de xeito propagandístico e que aproben as rebaixas da peaxe"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Que non insistan en manipular á cidadanía porque xa todo o mundo sabe que as rebaixas na AP 53 foi un acordo que pelexou o BNG a cambio do voto favorable na investidura de Pedro Sánchez", s inala


Ecos da Comarca/Deza

Ante as declaración feitas polo socialista José Ramón GómezBesteiro a respecto das rebaixas das peaxes na AP 53, o BNG pídelle ao PSOE "que deixen de utilizar esta infraestrutura de xeito propagandístico e que se  aproben definitivamente as rebaixas da peaxe da AP 53, que xa deberían ser efectivas dende principios de 2024". Ao mesmo tempo, tamén lle pide "que non insistan en manipular á cidadanía porque xa todo o mundo sabe que as rebaixas na AP 53 foi un acordo que pelexou o BNG a cambio do voto favorable na investidura de Pedro Sánchez".

O responsable comarcal do BNG, Xoán Blanco, asegura que “hai que ter unha cara de cemento armado  para dicir que cando ninguén se acordaba da AP 53, nin PP nin BNG, só o PSOE, xunto cos alcaldes, se meteu de cheo nesta reivindicación". Xoán Blanco asegura que “Besteiro ou descoñece a realidade ou, o que é peor, mente descaradamente”. 

 

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Os nacionalistas, di Blanco, “ fomos os únicos que reclamamos desde o minuto un a gratuidade ou rebaixa das peaxes da AP 53. Iso podémolo certificar coa inmensa cantidade de iniciativas presentadas ano tras ano nos distintos plenarios, desde concellos ata os distintos parlamentos. A intensidade das reivindicacións dos alcaldes dependía, como sempre, de quen ostentara o goberno do estado”. 

 

"Ben sabemos que os éxitos teñen moitos pais e os fracasos sempre son orfos. Agora, cal moscas que acoden ao mel,  tratando de colgarse medallas uns e outros. Tamén entendemos que ten que ser moi decepcionante recoñecer o papel residual dos deputados galegos dos partidos estatais en Madrid, que dos 24 deputados galegos só haxa un, o do BNG, que cando se presenta a ocasión, traballa para mellorar a vida da cidadanía galega, como neste caso, é un balance ben triste no seu haber”, asegura Xoán Blanco. Tampouco, sinala, "podemos esquecernos e queremos recordar que, tanto o PSOE como o PP gozaron, ao longo destes 20 anos de peaxes, de maiorías absolutas para executalas, só lles faltou a vontade. Agora non o fan por vontade, fano obrigados pola necesidade".

 

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por máis que insistan, apunta, "a cidadanía xa sabe que foi un acordo co BNG. Agora, urxe que se execute xa porque parece que non teñen demasiado interese. En 2024 non se podía porque non había orzamentos. A finais de decembro, xa se podía aínda que non houbese orzamentos en 2025. O compromiso co BNG era levala ao consello de ministros a primeiros de xaneiro de 2025, agora din que nun mes irá ao consello de ministros. Que se apuren porque o acordado entre o ministro de transportes e o BNG foi de que estaría en vigor no primeiro trimestre de 2025. A ver se cumpren desta ocasión".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page