top of page

O BNG leva de novo a debate a situación crítica do servizo de pediatría de Lalín

A deputada nacionalista Ariadna Fernández pedirá solucións na Comisión 5 "a incapacidade da Xunta de Galiza para garantir unha atención de calidade"


Ecos da Comarca/Deza

Este próximo xoves o BNG trasladará á comisión de Política Social e Sanidade do Parlamento Galego a problemática arredor da falla de pediatras que afecta ao CIS de Lalín tras a resposta do goberno sobre a imposibilidade que alega á hora de cubrir as baixas dos profesionais da pedriatría. Tras meses sen o servizo completo de pediatría en horario de mañás, que non só afecta á capital dezá, se non que implica que outros concellos de menor tamaño da redonda queden sen as horas de atención que se lles estaban prestando, a deputada lalinense Ariadna Fernánez introducirá por segunda vez no debate parlamentar esta eiva, que xa é de longa duración.


"Na anterior ocasión o debate xirou sobre a necesidade da establecer coa maior premura posible o servizo de pediatría polas tardes que beneficiaría, asemade, ao resto das crianzas do Deza, que en moitos casos deben desprazarse máis de 60 quilómetros para recibir a atención dun especialista en quenda de tarde, acudindo ás urxencias do CHUS", recalca o Bloque.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A esta proposta do Bloque Nacionalista Galego, o PP votou en contra de fornecer de pediatra ao concello de Lalín neste horario, algo que Ariadna Fernández tacha de “é unha irresponsabilidade coas familias e coas crianzas, favorecendo que acudan á sanidade privada para evitar facer desprazamentos excesivos para ser atendidos por un especialista. Agardo que rectifiquen e que apoien, neste caso, a nosa proposta para cubrir

as prazas que agora están vacantes e que precisamos, xa que o servizo está moi minguado e non é admisible que se preste nestas condicións”.




Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page