top of page

O BNG leva ao Parlamento Galego a problemática das recorrentes verteduras ao río Deza

Ecos da Comarca/Deza

O Bloque Nacionalista Galego vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para reclamar á Xunta medidas urxentes ante as continuas verteduras que afectan ao río Deza, especialmente nos concellos de Silleda e Vila de Cruces. "No mes de setembro producíronse tres vertidos, o último este mesmo luns, o que evidencia a gravidade do problema e a urxencia de buscar solucións. O río, afluente do Ulla, leva anos sufrindo episodios recorrentes de contaminación sen que se tomen medidas ao respecto para protexelo", recalca.

A iniciativa do BNG denuncia que estas verteduras poñen en risco a salubridade da auga destinada ao consumo humano e afectan gravemente ao ecosistema Deza-Ulla, que forma parte da Rede Natura 2000 en dúas partes do seu treito. Ademais, lembra que se están vulnerando varias leis de protección ambiental, como a Lei de Augas e a Lei de Protección dos Ríos Galegos, e reclama que Augas de Galicia actúe para evitar que estas prácticas continúen impunes.


Entre as medidas que solicita o BNG destacan:

  • Inspección e seguimento dos vertidos, con inventario e análise das actuacións sancionadoras e correctoras dos últimos dez anos.

  • Identificación das zonas especialmente sensibles e reforzo das medidas de protección, tanto nas áreas ZEC como nos tramos intermedios.

  • Control e xestión das alertas para identificar os responsables dos vertidos e evitar novos episodios.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nunha visita recente á área recreativa da Carixa, en Merza, Ariadna Fernández, deputada do BNG no Parlamento galego, acompañada polos voceiros de Vila de Cruces, Álex Fiuza, e de Silleda, Erea Rey e concelleiros e membros do BNG comarca, puido comprobar o mal estado do río Deza. Fernández advertiu: “As continuas verteduras ao Deza supoñen un perigo real para a saúde pública e para a biodiversidade da comarca. É inadmisible que se sigan producindo sen que a Xunta actúe con contundencia. O BNG esixe medidas inmediatas para garantir a protección do río e dos ecosistemas que dependen del. Lamentamos profundamente o silencio cómplice dos alcaldes de Lalín e Silleda ante esta situación.”


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O BNG insta á Xunta a responder sobre se considera que está a protexer de xeito adecuado o río Deza e a informar sobre as denuncias e expedientes sancionadores abertos nos últimos dez anos, requirindo contundencia e responsabilidade na xestión dos nosos recursos hídricos, cada vez máis escasos e importantes. 


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page