O BNG lamenta que das 31 solicitudes extraordinarias nas escolas infantís de Lalín só hai catro admitidas
- ecosdacomarca

- 4 oct 2025
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG lamenta que das 31 solicitudes extraordinarias nas escolas infantís de Lalín só houbese catro crianzas admitidas. A deputada nacionalista Ariadna Fernández lembra "que hai escasamente un mes, Souto anunciaba que todas as crianzas tiñan praza nas escolas infantís da vila, información que contradí totalmente as novas listaxes provisionais da propia consellería de Política Social".

Coa recente publicación das listaxes provisionais de admitidos no proceso extraordinario nas escolas infantís de Lalín, apunta a nacionalista "queda anulada a falsa idea que o goberno lalinense trasladou ao respecto da oferta abonda no concello. Tanto é así, que nas
listaxes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar quedaron 13 e 14 nenos e nenas en agarda na escola infantil Pontiñas e na situada no Polígono Lalín 2000 respectivamente, o que suma 27 familias que non optan ao servizo, co que iso implica no desenvolvemento da vida diaria e na vida laboral destas".
PUBLICIDADE

A falla de prazas, lamenta o BNG, "é unha tónica recorrente no concello lalinense, máis aínda dende que a escola infantil Scientia diminuíse a súa oferta, que obrigou ao goberno a buscar unha solución para o momento e crear un contado número de prazas na escola situada a carón do Pontiñas, que como vimos de coñecer, continúa sen ser abonda para darlle cabida a todas as solicitudes".
PUBLICIDADE
Dende o BNG consideran que “as cifras que o concelleiro de Servizos Sociais ofreceu hai un mes non se corresponden coa realidade das listaxes publicadas, nin por suposto coa das familias que agora carecerán de servizo de conciliación e educativo para as súas crianzas”, aclarou a deputada nacionalista, que lle lembra ao goberno de Lalín que “a Xunta de Galiza renunciou a 22 millóns de euros procedentes de fondos europeos que tiñan como intención aumentar o número de prazas públicas para os nosos nenos enenas nas escolas infantís, que polo visto non lle interesaban e que como se pode ver deixan fóra a familias, que non terán nin o servizo gratuíto nin universal que tanto anuncian dende o goberno galego”. Non se esquece, así mesmo de lembrar as palabras do concelleiro fai menos dun mes, que “animaba á xente nova a poñer en marcha escolas infantís no noso concello, máis non lle solicita á Xunta de Galiza que cumpra co seu deber e oferte prazas públicas, xa que é evidente que prefiren o modelo privatizador habitual do PP”.







Comentarios