top of page

O BNG lamenta que a Xunta continúe sen decretar as parcelarias en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

A deputada nacionalista Ariadna Fernández informa da resposta que lles achegou a Xunta sobre as últimas iniciativas aos procesos de reestruturación parcelaria de Agolada. "Poderían estar decretados xa dende principio de ano, pero están paralizados porque se as decretan despois teñen que facelas nun prazo determinado", recalca a nacionalista.  

Así o BNG sinala que a xunta vén de aclarar que non pode definir os prazos para a restruturación parcelaria en Agolada. "A pesar de poder decretarse, coma a propia Consellería relata nas respostas ás iniciativas parlamentares do BNG, as parcelarias de Agolada fican paralizadas, acumulando máis de 20 anos de agarda e 800.000 euros perdidos, sen información sobre cando comezará a execución dos traballos nin os tempos

estimados".


A pesar, explica, "de que as tres zonas de reestruturación parcelaria propostas en Agolada teñen superado o proceso de avaliación do cumprimento dos obxectivos xerais e tiveron

un resultado positivo nos respectivos estudos previos de iniciación, o certo é que dende outubro nada avanzou nestes proxectos. A resposta por parte da Xunta de Galiza ás

iniciativas presentadas recentemente no Parlamento Galego por parte do BNG é clara,

indicando que todos os trámites previos ao decreto de utilidade pública destas parcelarias

están realizados favorablemente, máis continúan a atrasar dito decreto, que permitiría

especificar prazos para levalas a cabo".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“As parcelarias poderían estar decretadas a principio de ano segundo o marcado por lei, pero mentres non se decreten non teñen límite de tempo para os traballos, por iso continúan alongando todo o que poden o proceso, acolléndose a que non teñen prazo

legal para facelo” declara Ariadna Fernández, que xa debateu o estado destas reestruturacións na comisión 7 o pasado ano tras o traballo do BNG da localidade ao

respecto. “A pesar de que pola modificación lexislativa din que se reduciron os prazos, a

realidade é que Agolada leva máis de dúas décadas agardando, acumulando anos de aprazamentos e inacción” recorda a deputada, que sinala que “a esta velocidade, para cando cheguen a levarse a cabo non quedarán explotacións na zona, coma ten pasado noutras localizacións. Logo a escusa será que os datos de UGM inscritas nos rexistros

oficiais son baixos, coma pasa do caso de Brocos e Sesto, motivo polo que a Consellería

de Medio Rural os deixa fóra do proceso sendo un círculo vicioso”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O avance do sector agrogandeiro e a instalación ou permanencia de proxectos no rural, resalta, "son de vital importancia para facerlle fronte ao abandono que sofren as aldeas e os concellos de pequeno tamaño como pode ser o de Agolada. É polo tanto primordial darlle ao rural e a quen continúa a ter empresas nel que o respecten e eviten o seu despoboamento, as ferramentas necesarias para traballar do xeito máis eficiente posible.

As reestruturacións parcelarias serían unha delas, máis o atraso que acumulan na maioría dos casos fan que a súa chegada sexa tardía e de pouca utilidade unha vez que se

rematan, polo que a axilidade é chave en casos coma os de Agolada".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page