top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O BNG insta á Xunta de Galiza a dotar ao concello de Lalín dun centro de día público

Ademais demanda que se garanta o transporte dos usuarios de dito centro


Ecos da Comarca/Lalín

O Grupo Parlamentar do BNG insta, a través dunha proposición non de lei para o debate en Pleno, á Xunta de Galiza a dotar ao concello de Lalín dun centro de día público que ofreza as prazas necesarias para que todos aqueles que as soliciten eviten sufrir listas de agarda para as súas persoas maiores, garantindo o transporte dos usuarios de dito centro.

O BNG sinala que o Concello de Lalín, que supera os 20.000 habitantes, "é o único concello da súa categoría que non conta cun servizo básico nos tempos que corren, e que precisan máis do 25% dos veciños da vila, un centro de día público. Todos os centros destas características cos que conta son de carácter privado e contan con lista de agarda, a pesares de que en 2008 se firmou un protocolo de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galiza para a súa construción en terreos municipais, concretamente nunha parcela da zona do Regueiriño". Con este tipo de servizos, subliña o partido nacionalista, "melloraría moito a calidade de vida dos posibles usuarios deste centro, no tocante á saúde e ao ocio, especialmente no caso das persoas que viven no rural sendo, por suposto, de vital importancia na conciliación familiar dos e das veciñas que teñen a persoas maiores ao seu cargo".


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O BNG lembra que "este centro de día acumula 14 anos de atraso na súa construción e posta en funcionamento, con insistentes negativas por parte do goberno da Xunta, en colaboración co pouco interese por parte do goberno do concello en levalo a cabo. Pola contra, no 2010, a Conselleira de Traballo e Benestar daquel momento, Beatriz Mato, achegábase a Lalín para presidir o acto inaugural dunha iniciativa privada que dotaba de 40 prazas de centro de día á vila, felicitándose por elo".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"A pesares da necesidade de dito servizo e de que anualmente nas emendas aos presupostos autonómicos se solicita o centro de día, o goberno do PP rexeita dita demanda insistentemente, incumprindo de xeito reiterado o seu compromiso cos lalinenses", conclúe o BNG.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page