top of page

O BNG insta á Xunta a poñerlle fin ás deficiencias que ten o centro de saúde de Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O BNG de Silleda denuncia unha vez máis "a preocupante situación na que se atopan

as instalacións do centro de saúde da vila". Así, os nacionalistas denuncian a existencia

de filtracións de auga e aire a través das fiestras, o que causa que a auga teña que ser

recollida mediante cubetas e toallas do Sergas e afectando á temperatura ambiental no

interior do centro.


Tamén denuncian que as filtracións están provocando unha serie de humidades nas paredes, e alertan dos problemas que esas humidades poden causar tanto á saúde dos

usuarios; como á propia estrutura do edificio.

Esta situación do Centro de Saúde de Silleda foi xa denunciada en abril de 2024 polo

BNG no Pleno municipal, mediante a presentación dunha moción que foi aprobada por maioría. Na mesma, instábase ao goberno municipal a remitir un informe á Consellería de Sanidade, informando das deficiencias detectadas no mantemento e demandando á Xunta de Galiza a que acometese as obras de mellora precisas, incluíndo unha reforma urxente da rampla de acceso, "que resulta moi esvaradía os días de chuvia".


A modo de exemplo da necesidade urxente destas obras, desde o BNG apuntan "o caso

dunha usuaria que este mesmo mes fracturou unha man logo de esvarar na rampla de

entrada".

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Visto que a situación segue igual que hai un ano, o BNG vén de presentar no Parlamento

Galego, por medio dunha iniciativa rexistrada pola deputada Ariadna Fernández, unha

batería de preguntas, para saber se a Xunta ten constancia das deficiencias que presenta o centro así como do accidente recentemente sufrido por unha usuaria. Así mesmo, tamén presentou unha Proposición non de Lei para instar á Xunta a cumprir as súas obrigas de mantemento da instalación e dotalo dun acceso adecuado.


“Os centros de saúde reciben principalmente persoas con dificultades de mobilidade e diversas patoloxías que teñen que ter un acceso adecuado e sen perigos,” recalca Ariadna Fernández, que pide á Xunta celeridade en resolver a situación.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page