top of page

O BNG insta á Xunta a aclarar cantos medios acudiron ao lume do Sexo nas primeiras horas

Ariadna Fernández acusa ao goberno galego de non ser transparente, ofrecendo datos acumulados que non se corresponden coa realidade que viviu a veciñanza de varias parroquias agoladesas


Ecos da Comarca/Agolada

A deputada nacionalista Ariadna Fernández acusa ao goberno galego de non ser transparente á hora de aclarar a súa xestión dos medios de extinción, ofrecendo datos acumulados que non se corresponden coa realidade que viviu a veciñanza de varias parroquias agoladesas. Tras a visita ao territorio de membros do BNG da localidade e da comarca para coñecer de primeira man o ocorrido despois de seguir a evolución do incendio, consideran que a situación que se viviu en varias parroquias de Agolada foi de grave perigo para as persoas, confinadas ou evacuadas, e para os bens materiais.

O lume chegou ás vivendas do Sexo (Agolada).
O lume chegou ás vivendas do Sexo (Agolada).

A aldea do Sexo foi completamente rodeada polas chamas, coma aclararon varias veciñas e veciños e constataron in situ os nacionalistas, que chegou a afectar a varias vivendas baleiras. Os habitantes do Sexo ficaban sorprendidos dos datos que se publicaban recentemente sobre os medios que se mobilizaran nese momento, afirmando que non

viran ese día tal despregue e que se sentiran abandonados ante unha situación que era de pánico total, onde algúns se decidiron a colaborar na extinción por medo a que o lume

chegase ás casas sen poder saír da aldea xa que non existía posibilidade de evacuación

nese momento.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

“O goberno galego quere crear a falsa sensación de que estamos protexidos, cando aquí, na nosa comarca, xa tivemos alomenos dúas experiencias nesta tempada nas que se viviron situacións moi complexas e moi perigosas para a veciñanza, cuxa axuda e actuación foi crucial na loita contra o lume, salvando vivendas e granxas de ser calcinadas” aclara Fernández referíndose ás recentes novas de prensa onde a Xunta de

Galiza ofrece datos acumulados sobre os medios de extinción que traballaron no incendio que afectou a máis de 400 hectáreas. “Os veciños e veciñas non son conscientes de que acudise tal cantidade de medios, polo menos nas primeiras horas do incendio, onde se declarou o nivel 2 por proximidade a núcleos e recoñecen que pasaron medo e se sentiron abandonados” declara Ariadna Fernández aludindo a palabras da propia veciñanza.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Fernández adianta que se presentarán iniciativas parlamentares para coñecer como foi a distribución dos medios de extinción durante as primeiras horas do incendio e canto tardaron en chegar á zona as primeiras equipas, xa que ofrecer datos acumulados non axuda a ter unha visión real do que sufriu a veciñanza, que sinte impotencia fronte ao ocorrido e fronte a xestión desta vaga por parte da Xunta. “Agora mesmo, estamos nunha

situación que chegou a tal extremo de descontrol, que a xente é consciente de que se hai un lume está en perigo, algo que resulta inconcebible ao comparar esta realidade cos

datos de investimento en extinción da Consellería de Medio Rural, que trata de ofrecer unha falsa sensación de control cando todas e todos somos conscientes de que esta

tempada é a peor que se recorda no país” remata Fernández.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page