top of page

O BNG insiste na necesidade dun informe do Concello cruceño contra o vertedoiro de Campomarzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

Tras rematar o prazo de alegacións para o informe de impacto ambiental do vertedoiro de Campomarzo, o BNG de Vila de Cruces preguntou ao goberno local se cumpliran co acordo plenario do 30 de marzo, no que se aprobaba por unanimidade a elaboración de informes técnicos da afectación que suporía este vertedoiro para o entorno e o abastecemento de auga municipal da parroquia de Merza. "Ante a falta de resposta do goberno local ás preguntas rexistradas o 14 de abril polo BNG, e a resposta da conselleira de medioambiente no pleno do Parlamento Galego á Deputada do BNG, Montse Prado, o pasado mércores 26, no que afirmaba ter o informe do Concello de Silleda, sen nomear en ningún momento ao concello de Vila de Cruces, dase por entendido que o señor Taboada e o seu grupo de goberno non elaboraron os informes técnicos, nin as alegacións e nin tan sequera informaron á veciñanza do perigo ante o que nos enfrentamos".


Polo que dende o BNG "insistimos na importancia da elaboración de informes técnicos contundentes, para paralizar este atentado medioambiental e contra a saúde".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O nacionalista cruceño Alex Fiuza quere animar ao señor Taboada a actuar, "xa que dicir que se está en contra e non facer nada, ten o mesmo resultado que posicionarse a favor, como o fixo o partido popular nestes últimos 4 anos". "A ver se nos vai ter que dar a razón cando dicimos que, son distinto patrón pero dun mesmo barco".

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page