top of page

O BNG estará alerta da evolución do proceso para iniciar as parcelarias en Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Sinala que traballará tanto a nivel municipal coma dende o Parlamento Galego "para que as promesas se cumpran e non queden só en palabras coma todos estes anos"


Ecos da Comarca/Agolada

Tras a publicación este martes, día 5, no DOG dos estudos previos de iniciacións das parcelarias pendentes en Agolada, o BNG recalca que seguriá a evolución destes procesos. Os nacionalistas traballarán tanto a nivel municipal coma dende o Parlamento

Galego "para que as promesas do goberno se cumpran e non queden só en palabras

coma todos estes anos".

Lembra que tras as preguntas da deputada nacionalista, Ariadna Fernández, no Parlamento Galego en relación á parálise durante anos da reestruturación parcelaria de Agolada, ás que a directora xeral do AGADER, Paz Rodríguez, non dou respostas concretas, celebrouse na pasada semana unha reunión no municipio agoledés á que a acudiron tanto veciños como representantes da Consellería de Medio Rural para tratar dito tema. "Os veciños, aqueixados do atraso desta estruturación de terras, solicitada hai máis de 20 anos, acudiron á xuntanza tratando de saber se por fin se levarían a cabo, algo que se prometeu en moitas ocasións, quedando en palabras baleiras", sinala o Bloque.


“Estamos satisfeitas co traballo feito dende o BNG a todos os niveis, tanto no eido municipal, de onde saíu a primeira solicitude de reunión entre grupo de Medio Rural do Bloque e a Asociación Queremos Parcelarias, coma do traballo a nivel parlamentar, onde

tratamos de coñecer o estado destas reestruturacións, reuníndonos cos representantes

dos veciños e veciñas afectados, elaborando iniciativas e chegando a preguntarlle á maior

responsable neste caso, a directora xeral do AGADER” asevera a nacionalista.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A intención de que estes procesos se volveran poñer en marcha foi prioritaria para o grupo nacionalista e aclaran “seguiremos os pasos que se dean a este respecto, estaremos atentos para que as promesas que se acaban de facer se leven a cabo e non queden no esquecemento, como leva pasado durante moitos anos. Temos como prioridade que os e as agolenses vexan estas 3 reestruturacións parcelarias rematadas, así como o inicio do estudo previo de viabilidade de Sesto e Brocos, e seguiremos presionando ao goberno da Xunta de Galiza para que non as esqueza e cumpra, por Agolada e polo sector agrogandeiro no seu conxunto” recalca Ariadna Fernández, lembrando que o traballo realizado en prol de Agolada os avala para seguir adiante e marcar o ritmo destas iniciativas tan importantes no rural galego.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page