top of page

O BNG esixe actuacións inmediatas da Xunta para "dignificar a atención sanitaria en Vila de Cruces"

Unha iniciativa rexistrada no Parlamento galego reclama reformas urxentes, dotación sanitaria e máis implicación do goberno local


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG esixe solucións urxentes ante o deterioro das instalacións sanitarias en Vila de Cruces e Merza. Trala visita do portavoz municipal, Alex Fiúza, e da deputada Ariadna Fernández ao centro de saúde, o grupo nacionalista presentou unha Proposición Non de Lei no Parlamento Galego para reclamar melloras inmediatas.

O BNG solicita á Xunta que acometa reformas para eliminar as goteiras, humidades e deficiencias estruturais; que se reforce a seguridade da pasarela de entrada; que se amplíe e ilumine correctamente a sala de urxencias; que se dote a pediatría de material específico para as crianzas, cambiadores nos aseos; que se incorpore un carro de parada cardíaca; e que se reúna co persoal sanitario para avaliar as necesidades reais do centro.

No caso de Merza, pídese mellorar a iluminación, renovar o estado das paredes e instalar sinalización exterior adecuada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O BNG lembra que en maio o pleno municipal aprobou por unanimidade unha moción sobre esta situación, e insiste en que o Concello tamén debe actuar, xa que parte das instalacións afectadas –como o consultorio de Merza e a planta inferior ao centro de saúde– son de titularidade municipal.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“O abandono da Xunta é evidente, pero tamén é hora de que o goberno local asuma a súa parte de responsabilidade e actúe xa”, declarou Alex Fiúza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page