Anuncian a decisión de trasladar esta situación ao Parlamento de Galicia
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG e o PSOE de Lalín lamentan as deficiencias do servizo de pediatría do CIS de Lalín. Falan de colapso e de grave desantención pediátrica, así como de lista de agarda, polo que anuncian que levarán esta situación ao Parlamento de Galicia.
Pola súa parte, o BNG de Lalín lamenta que o CIS de Lalín vén sendo noticia desde a súa inaguración polas evidentes carencias que presenta, entre moitas outras, e saturación existente no servizo de Pediatría. Para os nacionalistas é insoportable a realidade que padecen os pais e nais de Lalín, pois na actualidade conta con tres pediatras en xornada de mañá, das cales unha delas desprázase dous días á semana a Rodeiro un par de horas o que conleva que o sevizo quede aínda máis minguado.

Desde o BNG informan que foron varias as nais e pais que se dirixiron estes días a eles para informalos e amosarlle o seu enfado pola situación que se está a dar nestas datas
neste servizo tan sensible pola franxa de idade ao que vai dirixido. O mal estar débese a
que na maioría das pediatras a cita para “consulta de enfermidade” non é posible até como mínimo unha semana despois, e para “control de idade”, no mellor dos casos, o
tempo de garda é de 20 días, xa que dependendo da facultiva hai casos nos que resulta
imposible pedir cita por telas completas até rematar o ano, e a maiores atópanse coa
axenda pechada, o que impide pedir ou saber cando tes disponobilidade para o vindeiro
ano.
Destacan desde o BNG que no inverno, por cuestións climatolóxicas evidentes, a demanda e necesidade é moito maior que noutras datas do ano para o que pode ser unha cita por enfermidade, polo que critican que non é asumible ter que agardar para a
mesma máis dunha semana como está acontecendo en moitos nenos e nenas a día de hoxe. Tamén destacan a inasumible lista de garda para realizar o Control de Idade pola
importancia que este ten ao longo dos primeiros 14 anos de vida, xa que son revisións
moi importantes para saber por exemplo e están medrando de forma saudable. Nestas
revisións, a médica, evalúase o medre, é dicir, peso e altura, o desenrolo motor e
ademáis, chequéase o oído, dentes e vista dos nenos e nenas. A maiores da parte
física, a pediatra tamén analiza a linguaxe e as habilidades sociais das nenas e nenos.
E o máis importante, actualiza o calendario de vacinas en función á idade que teñan.
Afirma Vilariño que son impresentables estos tempos de garda, máis aínda nestas datas
cando moitos pais e nais teñen días no seu traballo e os nenos e nenas están de
vacacións polo que resulta unha época propicia na que moitas familias aproveitaban
para facer o Control de Idade correspondente. Apunta o seu voceiro municipal, Paco Vilariño, que a carga de traballo que teñen as pediatras é altísima debido ao elevado número de pacientes que atenden diariamente e a complexidade de ditas consultas tanto no relativo a tempo de atención necesario como a todo o abano médico de atención que require xa que estas profesionais realizan diagnósticos e tratamentos das patoloxías propias destas idades, ademais coordinan actividades de promoción e prevención que permiten realizar unha asistencia médica integral, e se é necesario brindan atención continúa cando se atopa algunha anormalidade no desenrolo.
Desde o BNG relatan que isto supón que en casos de enfermidade teñan que agardar varias horas a ser atendidos pola falta de pediatras sen cubrir, ou senón, ter que marchar para o CHUS debido á inexistencia de facultativos, realidade esta contraria á máis mínima praxe axeitada ao protocolo dunha atención digna, producto dunha situación de sobrecarga de traballo, derivada da falta de persoal humano e da negativa a cubrir as baixas ou vacacións ás que teñen dereito as profesionais.
Publicidade

Desde o BNG lalinense lembran, que é fundamental contar cun servizo de pediatría pola tarde, sen recortar o de mañá, algo que veñen demandando desde hai anos, e que como é evidente a Xunta de Galiza nega ao noso concello, unha demanda que se fai moi necesaria para moitísimas nais e pais que ven como polo tarde e noite só lles queda a posibilidade de acudir ao CHUS ou de ir á privada quen ten capacidade económica de
facelo.
Anuncian, unha vez máis, que presentarán a través de Ariadna Fernández, concelleira e deputada, unha serie de iniciativas no Parlamento Galego para demandar unha solución
definitiva a este problema, xa que para os nacionalistas o único que se precisa para porlle fin é ter vontade política, algo que se demostrou sobradamente que non existe por parte do PP, afirma Ariadna Fernández. Para finalizar, os nacionalistas esíxenlle ao goberno municipal que deixe de defender os intereses do PP na Xunta, e se poña do lado das nais e pais que sofren a diario esta penosa e gravísima realidade, esixíndolle ao SERGAS que non permita que esta situación perdure no tempo nin un segundo máis.
Pola súa banda, a concelleira socialista, Alba Forno, expresa a súa “máxima preocupación” pola continua deterioración da sanidade pública no municipio, especialmente no ámbito pediátrico, a pesar da recente construción do novo Centro Integral de Saúde (CIS). Subliña que "os nenos e nenas de Lalín seguen sen ter garantida unha cobertura sanitaria adecuada debido á falta de pediatras suficientes, unha situación insostible que a Xunta de Galicia non ten interese en resolver".
Sinala que un dos pediatras que atendía en Lalín abandonou a súa praza e que esta permanece sen cubrir debido á falta de xestión e compromiso por parte do goberno autonómico de Rueda. Como consecuencia, as consultas pediátricas vense obrigadas a depender dun facultativo procedente doutra localidade que realiza unhas poucas horas polas tardes. Esta solución temporal non é suficiente para aliviar a sobrecarga de traballo dos pediatras que permanecen en activo, que debe atender a un número insostible de pacientes.
Publicidade
Aínda máis preocupante, engade, é a previsión de que unha das pediatras actuais entre nunha baixa de longa duración, sen que exista un plan claro para cubrir esta praza. Esta falta de previsión e acción por parte da Xunta agravará aínda máis a situación da atención pediátrica en Lalín, deixando a numerosas familias desatendidas.
Forno explica que a deterioración do servizo pediátrico tamén se reflicte nas longas listas de espera, que poden estenderse por semanas e na saturación das salas de espera. Ademais, a descoordinación entre os horarios de enfermería e os de pediatría dificulta aínda máis o acceso das familias a unha atención sanitaria integral. Desde o PSOE de Lalín consideran inaceptable que, tratándose da saúde dos máis pequenos, a Xunta de Galicia continúe ignorando as necesidades do municipio. Por iso, anuncian a decisión de
trasladar esta situación ao Parlamento de Galicia, esixindo medidas urxentes que garantan unha cobertura pediátrica adecuada e permanente. “Non podemos permitir que a saúde dos nosos nenos e nenas siga estando en xogo pola falta de compromiso e recursos por parte do PP”, sinala Forno.
Comments