O BNG denuncia que o Centro de Saúde de Lalín "leva máis de 15 días sen a proba de espirometría"
- ecosdacomarca
- 7 jun 2024
- 2 Min. de lectura
Paco Vilariño critica "que Xunta e Concello sigan a poñer en risco a saúde da veciñanza e empeorando a nosa sanidade"
Ecos da Comarca/Xeral
O BNG de Lalín denuncia un novo “despropósito” da Xuntade Galiza e o Sergas coa veciñanza. Segundo queixas recibidas pola veciñanza, o voceiro nacionalista, Paco Vilariño, vén de coñecer que "dende hai máis de 15 días o Centro de Saúde de Lalín está sen servizo de espirómetro debido a que non funciona a causa dunha avaría do aparato coa que se realizan as probas neste centro sanitario". "Diante deste novo problema sanitario na zona, nin o Concello nin o Sergas foron quen de poner solución alguna sobre a mesa, o que está a obrigar aos pacientes que precisan deste servizo a acudir á sanidade privada, agardar e adiar as súas citas até que volte a funcionar o servizo ou acudir por Urxencias ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago".

A situación "é bochornosa" para os nacionalistas, até o punto que informan que levan as
"enfermeiras chamando por teléfono aos pacientes xa citados para anulalas dicíndolle que non volverán ser citados até que sexa reparado. Unha reparación que non se entende como en tanto tempo non está feita xa e que se temen que vaia para longo visto os precedentes de pasotismo e desidia por parte dos responsables".
Publicidade
Para Para Vilariño é totalmente "incomprensible esta situación" e destaca que "están quedando sen facer entre 6 e 7 esperiometrías ao día, cunha hora de duración cada unha, o que fai que a día de hoxe estemos falando de máis de 100 pacientes aos que se lle anulou a proba e os que se seguirán sumando mentras non lle poñan remedio, situación esta que vai xerar unha lista de gardar inasumible en número e en tempos".
Apuntan os nacionalistas a importancia de dita proba, xa que a pesar da súa sencilllez, é unha proba médica que se utiliza para axudar a diagnosticar e controlar enfermidades pulmonares. A espirometría é un estudo fiable e coa capacidade de detectar en estadios temperás enfermidades con gran incidencia como a enfermidade Obstructiva Crónica (EPOC), que na actualidade non está diagnosticada no 70 % dos afectados, ou o asma, que soe aparecer ao longo da adolescencia. sApunta Vilariño que co uso protocolizado da espirometría de calidade non só se pode evitar o deterioro da función pulmonar en moitos pacientes, tamén se aforra moitos costes sanitarios polos ingresos hospitalarios e consumo de medicación.
Publicidade
Vilariño critica ademais “o pasotismo e a deixadez” tanto do Concello de Lalín coma da Xunta da Galiza, que “xa non só non son quen de cubrir demandas e promesas electorais coma a ambulancia medicalizadas, o servizo de pediatría polas tardes ou mesmo abrir o CIS que vai camiño dos 4 anos de retraso. Mai unha vez, suma outro novo desastre de xetión, que segundo denuncia o BNG de Lalín, é unha proba importante, que está a afectar gravemente a moita veciñanza”.
Diante das denuncias por parte dos afectados, recollidas de novo polo BNG de Lalín, Vilariño insta ao alcalde “a exercer coma tal e tomar cartas no asunto dunha vez". Paco Vilariño considera “inadmisible” que a veciñanza fique indefensa durante tanto tempo sen esta proba sanitaria básica “sen que alcalde e Sergas se inmuten”.
Comments