top of page

O BNG denuncia que o ambulatorio de Lalín "leva dende a semana pasada sen servizo de radioloxía"

Paco Vilariño critica que "Xunta e Concello sigan a poñer en risco a saúde da veciñanza e “empeorando” a nosa sanidade"

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín denuncia un novo “despropósito” da Xunta de Galiza e o Sergas coa veciñanza. Segundo queixas recibidas pola veciñanza, o voceiro nacionalista, Paco Vilariño, vén de coñecer que dende "o pasado xoves o servizo de radioloxía do ambulatorio de Lalín está sen funcionar pola avaría da máquina coa que se realizan as placas e radiografías neste centro sanitario. Diante deste novo problema sanitario na zona, nin o Concello nin o Sergas foron quen de poner solución alguna sobre a mesa, o que está a obrigar aos pacientes que precisan deste servizo a acudir á sanidade privada, agardar e adiar as súas citas até que volte a funcionar o servizo ou acudir por Urxencias ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago".

Cartel enviado polo BNG de Lalín.

Vai alá case unha semana, critica Vilariño, “sen que o Concello reclame ao Sergas que amañe de inmediato este problema, se sen que o Sergas dea unha resposta urxente a unha situación que empeora máis se cabe os xa servizos sanitarios precarios que ten Lalín”. Denuncia o BNG que o feito de que o ambulatorio leve case unha semana sen poder facer placas está a provocar ademais que nos casos máis graves (coma urxencias

e caídas) a única ambulancia de Lalín “non pode pedir in situ unha placa para saber si hai ou non rotura” polo que ten que trasladar a Santiago a todos estes pacientes “deixando a Lalín e ás zonas do seu servizo sen servizo de ambulancia” cada vez que isto acontece.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

O BNG de Lalín denuncia ademais que “o colmo do despropósito é que os martes un traumatólogo se despraza a Lalín para avaliar radiografías e pasar consulta, pero como leva case unha semana sin prestarse este servizo”, denuncia Vilariño, "hoxe todos os pacientes pendentes dunha radiografía terán que voltar a pedir cita para estas probas e outra nova cita de consulta, ou ben marchar directamente a Santiago, co perxuízo que iso supón en moitos casos para os usuarios dunha sanidade que en Lalín está chegando xa ao punto de ser inexistente”.


Vilariño critica ademais “o pasotismo e a deixadez tanto do Concello de Lalín coma da

Xunta da Galiza, que xa non só non son quen de cubrir demandas e promesas electorais coma a ambulancia medicalizada, a ambulancia de 12 horas, o servizo de pediatría polas tardes ou mesmo abrir o CIS que vai camiño dos 4 anos de retraso”. Agora a maiores, segundo denuncia o BNG de Lalín, "un servizo tan importante coma o de Radioloxía, que atende aos preto de 40.000 habitantes dos concellos de toda a Comarca de Deza está a afectar gravemente, xa que a demanda que tiña cando o servizo estaba operativo era tal que se prestaba de 9 da mañá a 9 da noite, cunha media superior a 50 paciente diarios".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Diante das denuncias por parte dos afectados, recollidas de novo polo BNG de Lalín, Vilariño insta ao alcalde “a exercer coma tal e tomar cartas no asunto dunha vez". Paco

Vilariño considera “inadmisible” que a veciñanza fique indefensa durante preto dunha semana sen un servizo sanitario básico “sen que alcalde e Sergas se inmuten”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page