"Débese facer fincapé en apostar por iniciativas de producción agrogandeira, para atraer xente ás parroquias, e non por esquilmar os nosos montes con eólicos", recalca
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Na visita a Vila de Cruces de Francisco Conde, conselleiro de Industria da Xunta, a concelleira do BNG de Vila de Cruces, Carlota Salgado, trasladou o malestar veciñal pola pretendida instalación dos parques eòlicos de Axóuxere, Rodeira, Cunca e Mesada, ademais das númerosas liñas que están proxectadas "e que coserán o noso concello", apunta o BNG cruceño. Falou tamén da incompatibilidade, coa implantación dos macroparques, de propostas de emprendemento de iniciativas de producción agrogandeiras e en ecolòxico, algunhas delas xa asentadas dende hai anos, e que son unha alternativa real para o asentamento poboacional, que ten esquecido o goberno municipal. "Débese facer fincapé en apostar por iniciativas de producción agrogandeira, para atraer xente ás parroquias, e non por esquilmar os nosos montes con eólicos, os cales provocarán o éxodo e abandono do rural", recalca. "Isto supón un espolio ao noso tecido económico-social, e perxudicará o futuro desenvolvemento da nosa industria nos sectores primario, turístico, cultural e socia", engade o partido nacionalista.
Kommentare