top of page

O BNG de Vila de Cruces solicita sacar xa a concurso a praza de técnico de Urbanismo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Temos serias dúbidas de que o alcalde vaia a cumprir coa sentenza do TSXG e o acordo da Xunta de Goberno local do 16 de xullo de 2019 para a convocatoria desta praza”


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG cruceño demanda sacar xa a concurso a praza de técnico de Urbanismo. Sinala que as bases xa están elaboradas dende hai meses por parte do funcionariado. "A falta de interese por mellorar esta situación leva ao goberno local a contratar de xeito externo e a dedo, cun contrato menor de 18 horas semanais por máis de 1.500 euros ao mes dende o 30 de xullo de 2021 ata o 31 de decembro de 2021, e que temos constancia que durante as primeiras tres semanas non emitíu nin un só informe", acusa o partido nacionalista.

O BNG de Vila de Cruces.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como indica, declarou nula a resolución do

alcalde do Concello de Vila de Cruces do 11 de agosto de 2016 pola que se aprobaron as bases da convocatoria para a selección dun técnico medio de Urbanismo, ao non considerarse xustificada a necesidade urxente e inaprazable do nomeamento. A citada sentencia foi notificada o 03/07/2019 estando xa o mandatario Luis Taboada na Alcadía. "Neste expediente aberto xa en 2016, consta acordo da Xunta de Goberno Local do día 16 de xullo de 2019 de dación de conta da sentencia na que se comunica ao Xulgado contencioso /administrativo número 3 que se vai proceder ao acordado da sentencia número 193/2019 mediante a convocatoria dunha praza en réxime de propiedade de técnico medio de Urbanismo no exercicio 2020", lembra o BNG.


Así mesmo, recodar que se solicita por parte do Concello, unha prórroga dun ano mentres dure o proceso de selección en propiedade e ata que se cubra polo titular, manter no posto de técnico medio de Urbanismo a funcionaria interina que ocupaba o posto. "Así mesmo, dous anos despois a técnico medio de Urbanismo cesa no seu cargo con data 11 de agosto de 2021 e por conseguinte non continúa prestando servizos", recalca.


"O alcalde Luis Taboada despois de dous anos e tres meses segue a facer do Concello a súa empresa privada. Primeiro contrata un asesor xurídico que o único que fai relevante durante nove meses é sacar as bases do Plan do IDAE con enormes deficiencias. Despois contrata un asesor de comunicación cuxo único cometido é traballar de forma partidista para o grupo de Xuntos cos cartos públicos de toda a veciñanza. E agora para colmo, contrata unha técnico de Urbanismo a dedo, 18 horas semanais con tan só dúas xornadas semanais de atención ao público, sen horario fixado, e que para máis INRI, contrato que está informado en contra por parte da secretaría municipal, xa que un persoal externo non

pode cubrir as competencias de persoal funcionario. Todos aqueles informes que leven a súa sinatura serán nulos de pleno dereito, e xa non nos referimos a aquelas obras que trate de levar a cabo o propio Concello, se non que será tamén unha traba para as licenzas municipais que traten de solicitar as veciñas e veciños de xeito persoal", explica.


O BNG demanda con urxencia a execución de oferta de emprego público e cubrir a praza en propiedade. "Xa que no caso de ter estado no goberno, sería unha das primeiras medidas que o BNG tomaría a nivel interno. Xa que para que a administración funcione como debe e ofreza o mellor servizo á cidadanía, a situación do persoal debe estar asentada e regularizada".

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page