top of page

O BNG de Vila de Cruces reclama o arranxo da iluminación pública de diversos puntos do concello

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces demanda o arraxo da iluminación pública en diversos puntos do municipio e comprométse "a mellorar a seguridade nas zonas de maior perigosidade por falta de sinalización e iluminación pública".

"O temporal sufrido durante o fin de ano deixou varias avarías e cortes de luz en diversos puntos do concello, máis entendemos que deben ser reparados canto antes, como na rúa Neira Vilas, onde agora se concentra un maior tránsito de vehículos e peóns derivado das obras da rúa principal. Ou mesmo na recta da Carixa en Merza, onde non hai moito, o alumeado público estivo sen funcionar durante semanas e volve a estar apagado dende hai días", asegura o partido nacionalista.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Tamén destaca "a necesidade de instalar farolas en puntos escuros, como na entrada á gasolinera en Gres ou no paso de peóns que cruza a circunvalación a carón do IES Marco do Camballón, o cal está situado nun punto de escasa visibilidade e sen ningún tipo de iluminación, convertíndose nun punto realmente perigoso para o alumnado e demais viandantes".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page