O BNG de Vila de Cruces propón unha solución para garantir o cobro das facturas
- ecosdacomarca

- 8 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces propón que para garantir o cobro das facturas ata final de mandato, se informe ao resto da Corporación como marca a lei. "É dicir, primeiro informar das futuras actuacións, coa documentación pertinente (informes de necesidade, informes técnicos e proxectos), despois poñer a disposición o crédito acordado pola corporación, e por último, a execución das obras coa certificación correspondente".

"Animamos a Taboada a que leve este suplemento de crédito, coas facturas xustificadas, ao pleno ordinario de finais de mes, e de non telas, dende o BNG non imos poñer pegas a aprobar as que sí o están, xa que son máis de 200", sinala. "Simplemente terá que retirar a ducia delas sen xustificar, como lle pedimos no primeiro pleno, e non obstaculizar o pago do resto de facturas".
E recalca que "os proveedores e empresas que prestan servizos ao concello de Vila de Cruces deben ter a garantía de que os traballos prestados serán remunerados. Mais este goberno non pode seguir actuando como se tivese maioría absoluta, ou como se fose a súa empresa privada".
Ante isto dende o partido nacionalista abogan "por unha planificación do gasto e das necesidades a solventar, chegando a acordos co resto da Corporación para o beneficio da veciñanza".







Comentarios