Pide que o goberno local celebre unha mesa de participación na que estean presentes os dous colectivos musicais do concello, así como os demais grupos políticos da Corporación
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
No pasado pleno extraordinario de Vila de Cruces do 26 de outubro aprobouse o Regulamento Interno da Escola de Música Municipal despois de que o goberno local "dése longas dende 2019", sinala o BNG. "Este regulamento estivo nun caixón ata que se trouxo ao pleno sen ninguna mellora implementada", recalca. Fronte a estas eivas, o BNG presentou unha serie de emendas que foron admitidas.

Agora o Proxecto Pedagóxico debe ser aprobado en xunta de goberno. Alex Fiúza quere alegar o consenso, pedindo que o goberno local celebre unha mesa de participación na que estean presentes os dous colectivos musicais do concello, así como os demais grupos políticos da Corporación.
O BNG foi o único grupo que presentou alegacións de mellora do Proxecto Pedagóxico,
adxuntas ás do Regulamento Interno, previamente consensuadas con profesionais do
sector. Fiúza quere animar ao goberno local a levar este proceso coa máxima celeridade. "É un tema preocupante para moitas familias do concello. Ademais, a educación
musical ten unha forte pegada no noso territorio e a nivel cultural e patrimonial, a cal
desencadea nas dúas agrupacións bandísticas de Ponteledesma e Merza. Apoiar este
sector é cousa de todos e ámbalas dúas son bandeira cultural do noso concello", insiste.
Comentarios