top of page

O BNG de Vila de Cruces pide unha mellor xestión das obras da rúa Vázquez

"As alteracións que este tipo de obras adoitan provocar comeza a ser un problema para veciñanza e comerciantes", cuestiona


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG cruceño demanda unha mellor xestión das obras na rúa Vázquez. "Un mes despois do inicio das obras na rúa principal de Vila de Cruces, na que se concentra o maior número de negocios da vila, as alteracións que este tipo de obras adoitan provocar comeza a ser un problema para veciñanza e comerciantes", cuestiona.

O BNG celebra que se comezase a adecentar un dos solares para a creación dun aparcadoiro disuasorio, mais lamenta o retraso. "Como xa viñamos avisando dende xuño de 2021, os aparcadoiros disuasorios deberán terse acondicionado antes do comezo da obra, para evitar que a falta de aparcamentos afectase aos negocios, como así nolo están trasladando", asegura o portavoz do BNG, Álex Fiuza. "Así como para dar unha alternativa á veciñanza que ten dificultades para poder acceder cos seus vehículos aos garaxes". Así mesmo resalta que "entre a circulación de maquinaria na rúa Manuel Iglesias para o aparcadoiro disuasorio, a Rúa Vázquez en obras, as travesías Vázquez 2 e 3 cun solar que está servindo como vertedoiro do escombro e a escasa e deficiente sinalización, Vila de Cruces estase a convertir nun auténtico caos".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Polo que o BNG apremia ao alcalde, Luis Taboada, a acelerar co acondicionamento dos aparcadoiros disuasorios. "Tiñan que estar feitos antes de empezar a obra porque o problema que están a ter a xente á hora de aparcar, estano sufrindo os comerciantes nun momento moi delicado, próximo ao Nadal, data que sempre serve de empurrón económico para moitos negocios".


Así mesmo, o partido nacionalsita esixe unha mellor sinalización e reorganización do tráfico. "A mala sinalización das vallas de obra, onde debería haber sinais con iluminación, debido ao cambio de circulación, que pasa de ser de doble sentido a sentido único á altura da gasolinera, pode provocar algún accidente, as desviacións do tráfico para as saídas a outras direccións deben estar mellor indicadas, así como as novas direccións de sentido único das rúas trasversais que desconxestionan a rúa Vázquez".


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page